A semana pasada celebramos no centro unha desas festas cheas de crenzas e tradicións que tanto nos gustan: O San Xoán.
Comezamos a véspera, o 23, cunha visita moi especial, dúas meigas da nosa terra estiveron no centro para prepararnos para a máxica noite de San Xoán cos diferentes rituais vinculados as herbas, a auga, o lume...
Preparamos o cacho, queimamos na fogueira os nosos desexos, a saltamos, preparamos unha queimada e pasamolo de morte...
O día 24 pola mañá lavamos a cara coa auga de San Xoán, e preparamos unha ensalada cos primeiros froitos da nosa horta (leitugas, tomates e cebolas) que acompañaron a unhas deliciosas sardiñas asadas e un exquisito pan de millo.
Rico, rico de verdade, e o postre... uhmmm, un delicioso flan caseiro.
Como podedes imaxinar, ese día chupamos os dedos.
Aquí podedes ver unha pequena mostra en imaxes do que deu de si esta festa en Atalaia:
No hay comentarios:
Publicar un comentario