O pasado 30 de xuño tivemos a oportunidade de achegarnos ó porto de Vigo e coñecer por dentro o seu funcionamento.
Empezamos cun percorrido polas lonxas de baixura e de altura, e quedamos abraiados de como cambiou todo desde que os nosos usuarios/as as frecuentaban.
Coñecimos á parella de aguias que se encargan de ter ás gaivotas á raia nos momentos de descarga do peixe, ás que puidemos incluso tocar.
Despois achégamonos ata o muelle de Bouzas para coñecer polo miudo o proceso de carga dos coches nos barcos. IMPRESIONANTE, e rematamos na zona de Guixar coñecendo como se xestiona o transporte de mercadorías nos contenedores.
Foi un percorrido tremendamente educativo, onde aprendimos un montón de cousas moi interesantes. Absolutamente recomendable.
Aquí tedes algunhas fotos desta xornada:
ENLACE DIRECTO ÁS FOTOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario