Xa queda moi pouquiño para o Entroido!!!. 
E como nós somos moi festeiros e festeiras, imos celebralo como se merece, cumprindo escrupulosamente as nosas tradicións: comeremos lacón con grelos, ourellas elaboradas entre todos e todas, prepararemos disfraces, organizaremos un gran baile, e sobre todo, pasarémolo requete ben. 
Temos por diante uns días cheos de tarefas e enredos cos preparativos do baile de Entroido, que celebraremos o martes de entroido, día 21 de febreiro pola mañá, e do que, no seu momento, os contaremos tódolos detalles. 
Despois dun intenso debate e duras deliberacións, xa por fin temos escollida a temática deste ano. Como ben sabedes, neste ano 2012 se celebran as olimpiadas en Londres. Nós aproveitaremos este gran acontecemento deportivo, para celebrar as nosas propias olimpiadas, e polo tanto nos disfrazaremos de deportistas. 
 Xa estamos preparando o noso disfraz, e para isto precisamos da vosa valiosísima colaboración. Achegamos un listado con posibles disfraces e os elementos que poderían compoñelo. A idea é non ter que comprar nada, senón que aproveitaríamos as roupas deportivas que seguro que todos temos por casa. 
A
continuación tedes un listado de posibles disfraces, así como os
elementos que poderían compoñer o mesmo. Cada usuario pode elexir
aquel disfraz que máis lle apeteza e que menos dificultades vos
plantexe á hora de buscar os diferentes elementos que o compoñen.
Recordade
que non é preciso comprar nada, senón que a idea é aproveitar as
cousas que temos por casa (os uniformes deportivos que usamos cando
alguén da familia xogou ó fútbol, ó tenis, ó golf, etc.).
 
 
 
  | DISFRAZ 
 | 
ELEMENTOS DO
   DISFRAZ | 
  | 
Futbolista 
 | 
Pantalón corto, camiseta, medias, tenis, balón | 
  | 
Animadora 
 | 
Mini falda, camiseta deportiva, medias, pompóns,
   tenis | 
  | 
 
Ximnasta | 
Camiseta deportiva, leggins, calentadores, tenis, 
   aros, pelota, cinta para a cabeza | 
  | 
 
Árbitro | 
Pantalón corto, camiseta, medias, (todo negro),
   tenis, silbato | 
  | 
 
Nadador | Gorro, Albornoz, gafas, chanclas, flotador 
 | 
  | 
 
Tenista | Pantalón corto, camiseta deportiva, cinta
   para a cabeza ou viseira, raqueta de tenis, muñequeiras, 
 | 
  | 
 
Boxeador 
 | 
Pantalón corto, camiseta, batín, guantes de
   boxeo | 
  | 
 
Karateka | 
Kimono, cinturón, 
    | 
  | 
 
Ciclista | Culot, camiseta,
   tenis, casco, gafas, guantes sen dedos, botella de auga 
 | 
  | 
 
Atleta | 
Pantalón corto, leggins, camiseta de asas con
   número | 
  | 
 
Hockey | 
Como futbolista con palo de hockey | 
  | 
Golfista | Pantalón de cadros, polo, chaleco, palos de
   golf, viseira, guantes sen dedos 
 | 
  | 
Halterofilia | 
Pantalón corto, camiseta deportiva, cinta para a
   cabeza, pesa de cartón | 
  | 
Rugby 
 | Camiseta con hombreiras, pantalón apretado,
   casco, 
 | 
  | 
Equitación 
 | Pantalón de
   montar, botas altas, camiseta, casco 
 | 
É moi importante darlle un toque divertido ó noso disfraz, pólo que os complementos teñen un papel moi relevante: necesitamos pelucas, gafas, gorros, ou calquera outro elemento que se vos ocurra e que teñades por casa. 
Para facilitar a organización dos disfraces, é moi importante que nos fagades chegar canto antes todo o que nos podades aportar, e, en todo caso, antes do venres dia 10 de febreiro. 
Se tedes calquera dúbida, podedes chamar ó centro e preguntar por Raquel (educadora social) ou deixar un comentario a esta entrada. 
Os membros do equipo de traballo do Centro de de Día Atalaia de Vigo agradecemos por adiantado a vosa colaboración e aproveitamos a ocasión para facervos chegar un cariñoso saúdo