6 mar 2012

Programa "Actualizad@s" da TVG

Xa estamos de novo por aquí, está vez para avisarvos que o programa que a TVG grabou no noso centro no mes de xaneiro ¿Recordades? Foi o día da II Xornada Interxeracional Netos-Avós, será emitido o próximo domingo día 11 ás 23:30 aproximadamente.
Non deixedes de velo...

1 mar 2012

Hoxe... Festa de cumpreanos

Hoxe estreamos mes, e aquí estamos de novo para contarvos que voltamos a ter festa. Si, xa o sabemos, somos festeiros de máis, pero...

De todas formas tedes que saber que tamén traballamos moito, estade atentos ó blog, e nos próximos días vos contaremos en que andamos traballando ultimamente.

Voltemos ó da festa. Esta tarde celebramos os cumpreanos de dúas das nosas usuarias, Carmiña, que cumpriu o martes 84 anos e Carmen Santos que cumpría hoxe 86. Como é xoves, tivemos uns invitados moi especiais a nosa festa, os nenos e nenas que participan con nós no Programa Interxeracional.

Como toda boa festa, tivemos música e baile, cantamos o cumpreanos feliz ás homenaxeadas, que sopraron as velas e recibiron un agasallo de parte de todos nós. Despois compartimos unha suculenta tarta, da que non quedaron nin as migas. O sentimos....

Coma sempre, aquí vos deixamos as fotos, para que poidades compartir estes momentos con nós.


De novo, vos invitamos a que nos fagades comentarios, tódolos venres adicamos un ratiño a revisalos e os maiores prometen contestalos todos. Así que xa sabedes...

Non deixedes de visitarnos que pronto teredes novas...

22 feb 2012

Celebramos o Entroido

Xa estamos por aquí de novo. Esta vez para contarvos o ben que o pasamos celebrando o Entroido.

Aínda que o día grande da festa foi onte, nós xa levábamos un tempiño cos traballos previos, xa sabedes, buscando o disfraz, facendo probas de vestiario, elaborando a decoración, os complementos,...
Este ano eleximos como temática central do noso disfraz o deporte, aproveitando que estamos en ano olímpico.

 Unha pequena mostra do moito que traballamos a podedes ver nestas fotos:

 Todo o traballo realizado mereceu moito a pena, e por fin!!!! Chegou o día da gran festa, e como grandes deportistas que somos, pasamos a mañá exhibindo as nosa cualidades deportivas... Un, dous, tres,... ¡¡¡¡Atalaia Olímpica!!!!

Aínda andamos de resaca, pero como sabemos que tedes moita curiosidade, ahí tedes as fotos.



 Aaaaayyyyyy!!!! ¡¡¡¡Pero que guapos e elegantes íamos todos!!!!!

 Hoxe mércores de cinza, tamén andivemos moi atarefados, desde ben cedo empezamos a facer ourellas que degustaremos ó longo do día de hoxe. ¡¡¡¡Pena que nos as poidades probar, porque están riquísimas!!!!!!! E mentres amasábamos e fritíamos aída nos deu tempo a chorar pola sardiña que despide o Entroido. Pero.... Qué pena!!!!! Tamén vos deixamos as fotos aquí....




Pois nada, o Entroido remata, pero non as nosas ganas de pasalo ben, así que xa estamos dándolle voltas á seguinte...

 Vos manteremos informados.

Un saúdo desde o Atalaia

20 feb 2012

En San Valentín...

 Polo Atalaia nestes días tamén celebramos o amor...
Ahí vos deixamos as fotos para que vexades o bonito e amoroso que quedou o noso centro...



8 feb 2012

Gracias por estar ahí!!!!!

Aínda non fai un mes desde que arrancamos en serio nesta aventura do blog, e xa superamos as 700 visitas. Estamos moi, pero que moi contentos... Só podemos dicir.. GRACIAS, MOITAS GRACIAS.

Pero ademais de agradecervos estas visitas, queremos pedirvos un favor.

O noso blog nace co obxectivo fundamental de achegar a rutina diaria do noso centro ás familias dos nosos usuarios en primeiro lugar pero tamén ós amigos, ós compañeiros, ós profesionais, e a todo aquel que lle apeteza achegarse ó noso proxecto.

Vendo a cantidade de xente que nos visitou neste últimos días, pensamos que imos por bo camiño.

Pero tamén queremos que sexa un canle de comunicación, un espazo no que vós, os noso lectores, poidades participar.

Así que ahí vai a nosa proposta para estes días. Non sexades tímidos, e por favor, deixade un comentario, cun simple saúdo é dabondo. Por exemplo "Ola, son ... e vos mando un saúdo". Polo de agora non pedimos máis, aínda que si queredes contarnos algo, estupendo.

Queremos saber un pouco máis das persoas que estades ó outro lado. Cada semana, máis ou menos, abrimos cos maiores o blog e revisamos os distintos comentarios. Polo momento non temos moitos, pero nos fan moita ilusión, así que xa sabedes, agora vos toca a vós...

Por certo, por cuestión técnicas, cando escribades un comentario, non o veredes publicado no mesmo momento. Esto é porque para ser publicado ten que ser aprobado por nós. É unha forma de previr o spam. Pero non vos preocupedes, que nós revisamos tódolos días o buzón dos comentarios, polo que será publicado moi pronto.

Polo de agora nada máis, esperamos os vosos comentarios.

Un saúdo desde o Atalaia







3 feb 2012

Hoxe... Obradoiro de Repostería

Hoxe, día de San Blas, nos metimos na cociña do centro para elaborar a tradicional tarta de San Blas. Un grupo de usuarias, moi ben dirixidas por Yoli, empezaron ben cedo pola mañá a elaborar este delicioso dulce que degustamos todos xuntos durante a merenda.

Fixemos tres, dous normais, con diferentes receitas e un especial para celiacos, que tamén teñen dereito... Para que vexades como foi o asunto, aquí tedes as fotos (tamén da merenda, Uhmmmm!!!!!! Qué rico que estaba...)
Ata a próxima

1 feb 2012

Preparando o Entroido

Xa queda moi pouquiño para o Entroido!!!. 

E como nós somos moi festeiros e festeiras, imos celebralo como se merece, cumprindo escrupulosamente as nosas tradicións: comeremos lacón con grelos, ourellas elaboradas entre todos e todas, prepararemos disfraces, organizaremos un gran baile, e sobre todo, pasarémolo requete ben. 

Temos por diante uns días cheos de tarefas e enredos cos preparativos do baile de Entroido, que celebraremos o martes de entroido, día 21 de febreiro pola mañá, e do que, no seu momento, os contaremos tódolos detalles.

Despois dun intenso debate e duras deliberacións, xa por fin temos escollida a temática deste ano. Como ben sabedes, neste ano 2012 se celebran as olimpiadas en Londres. Nós aproveitaremos este gran acontecemento deportivo, para celebrar as nosas propias olimpiadas, e polo tanto nos disfrazaremos de deportistas. 

Xa estamos preparando o noso disfraz, e para isto precisamos da vosa valiosísima colaboración. Achegamos un listado con posibles disfraces e os elementos que poderían compoñelo. A idea é non ter que comprar nada, senón que aproveitaríamos as roupas deportivas que seguro que todos temos por casa. 

A continuación tedes un listado de posibles disfraces, así como os elementos que poderían compoñer o mesmo. Cada usuario pode elexir aquel disfraz que máis lle apeteza e que menos dificultades vos plantexe á hora de buscar os diferentes elementos que o compoñen.


Recordade que non é preciso comprar nada, senón que a idea é aproveitar as cousas que temos por casa (os uniformes deportivos que usamos cando alguén da familia xogou ó fútbol, ó tenis, ó golf, etc.).

DISFRAZ
ELEMENTOS DO DISFRAZ
Futbolista

Pantalón corto, camiseta, medias, tenis, balón
Animadora

Mini falda, camiseta deportiva, medias, pompóns, tenis

Ximnasta
Camiseta deportiva, leggins, calentadores, tenis, aros, pelota, cinta para a cabeza

Árbitro
Pantalón corto, camiseta, medias, (todo negro), tenis, silbato

Nadador
Gorro, Albornoz, gafas, chanclas, flotador

Tenista
Pantalón corto, camiseta deportiva, cinta para a cabeza ou viseira, raqueta de tenis, muñequeiras,

Boxeador

Pantalón corto, camiseta, batín, guantes de boxeo

Karateka
Kimono, cinturón,

Ciclista
Culot, camiseta, tenis, casco, gafas, guantes sen dedos, botella de auga

Atleta
Pantalón corto, leggins, camiseta de asas con número

Hockey
Como futbolista con palo de hockey
Golfista
Pantalón de cadros, polo, chaleco, palos de golf, viseira, guantes sen dedos
Halterofilia
Pantalón corto, camiseta deportiva, cinta para a cabeza, pesa de cartón
Rugby

Camiseta con hombreiras, pantalón apretado, casco,
Equitación

Pantalón de montar, botas altas, camiseta, casco

É moi importante darlle un toque divertido ó noso disfraz, pólo que os complementos teñen un papel moi relevante: necesitamos pelucas, gafas, gorros, ou calquera outro elemento que se vos ocurra e que teñades por casa. 

Para facilitar a organización dos disfraces, é moi importante que nos fagades chegar canto antes todo o que nos podades aportar, e, en todo caso, antes do venres dia 10 de febreiro. 

Se tedes calquera dúbida, podedes chamar ó centro e preguntar por Raquel (educadora social) ou deixar un comentario a esta entrada. 

Os membros do equipo de traballo do Centro de de Día Atalaia de Vigo agradecemos por adiantado a vosa colaboración e aproveitamos a ocasión para facervos chegar un cariñoso saúdo