Onte puxemos en marcha a V edición do programa intercultural e interxeracional, que desenvolvemos de maneira conxunta co Plan Comunitario de Teis desde o curso 2008/09.
Ó ser onte un día de reencontro, tras tres meses de vacacións, adicamos a sesión a saudarnos, presentar ás persoas que se incorporan ó proxecto, poñernos ó día de como nos foron as cousas durante o verán, etc.
Estade atentos ó blog, porque vos iremos contando a medida que vaiamos facendo cousiñas...
10 oct 2012
1 oct 2012
Degustando os froitos da nosa pequena horta
O pasado xoves adicamos a mañá a preparar unha deliciosa crema de cabaza, aproveitando a colleita que días atrás fixemos na nosa pequena horta.
Desta vez foi un pequeno grupo de usuarias as que se encargaron de pelar e cortar as cabazas, patatas e cebolas que serviron como ingredientes principais da nosa crema.
Nas fotos podedes ver como Lola, Carmen Santos, María Bernárdez, Pepita e Josefa estiveron traballando con moito brío, sempre axudadas por Sonia, unha das nosas xerocultoras.
Na hora da comida, todos dimos boa conta desta deliciosa crema de cabaza, e a xulgar como quedou a pota, podemos afirmar que foi unha opinión compartida por todos e todas que estaba...
Rica... Riquísimaaaaa!!!!!!

26 sept 2012
Felicidades José Luis
Seguimos celebrando os nosos anos, para nós é sempre motivo de alegría.
Onte foi Jose Luis o que celebrou connosco o seu 73 cumpreanos.
¡¡¡Moitas felicidades!!!
Aquí tedes as fotos:

21 sept 2012
Repetimos visita á praia
Onte decidimos voltar a achegarnos á praia da Etea, aproveitando ó día tan espléndido que nos acompañou.
Algunha de nós atreveuse a darse un chapuzón ben dado (a temperatura da auga invitaba a facelo)e o resto nos conformamos con mollar os pés.
Algún nin recordaba a última vez que se achegara a orilla do mar... polo seu sorriso seguro que vendo as fotos averiguades de quen falo...
Esperamos que o tempo nos siga acompañando para poder repetilo..

18 sept 2012
Setembro, o mes de Eugenia e Lito
Para nós cumplir anos é motivo de alegría, polo que cada vez que un de nós engadimos un ano ás nosas costas non podemos deixar de celebralo.
Nesta ocasión os homenaxeados foron Eugenia que celebrou o seu, nada menos, que 94 cumpreanos o pasado día 8 e Lito, que cumpliu os 69 o domingo 16.
A tarta e o baile non faltaron nesta festa, e como proba do ben que o pasamos aquí tedes as fotos:
17 sept 2012
De paseo na praia da Etea
Aproveitando o bo tempo que temos este mes de setembro, o pasado xoves organizamos unha saída de novo á praia da Etea.
Saimos ás 11:00, un pequeno grupo camiñando e o resto en coche. Chegamos, tomamos posicións, e os usuarios máis osados nos achegamos a auga a mollar os pés.
E a verdade é que a temperatura da auga era moi agradable. Para os que non nos puidestes acompañar, aquí tedes as fotos:

14 sept 2012
Hoxe a cousa vai de pementos...
Por aquí andamos de novo, hoxe para contarvos o que da de si a nosa pequena horta.
Os nosos pementos xa están a punto, e despois de todo o traballo de meses cavando, regando, arrincando malas herbas, etc., por fin puidemos dar boa conta deles.
Como non podedes degustalos, como fixemos nós, aquí vos deixamos as fotos de todo o proceso para que sintades un pouco de envexa:
Todos participamos do proceso, Lito foi a horta a recolectar, Mª Luisa, Obdulia e Carmen Santos se ocuparon de lavalos e secalos ben, Carmiña e Quina foron as encargadas de cortalos e fritilos, axudadas por Elvira, Lito os levou a mesa e entre todos, nos ocupamos de degustalos.
¡¡¡Pero que ricos estaban!!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)