1 oct 2012

Degustando os froitos da nosa pequena horta

O pasado xoves adicamos a mañá a preparar unha deliciosa crema de cabaza, aproveitando a colleita que días atrás fixemos na nosa pequena horta.

Desta vez foi un pequeno grupo de usuarias as que se encargaron de pelar e cortar as cabazas, patatas e cebolas que serviron como ingredientes principais da nosa crema.

Nas fotos podedes ver como Lola, Carmen Santos, María Bernárdez, Pepita e Josefa estiveron traballando con moito brío, sempre axudadas por Sonia, unha das nosas xerocultoras.

Na hora da comida, todos dimos boa conta desta deliciosa crema de cabaza, e a xulgar como quedou a pota, podemos afirmar que foi unha opinión compartida por todos e todas que estaba...

Rica... Riquísimaaaaa!!!!!!


1 comentario:

  1. ¡HOLA! hace mucho que no os escribo es que estuve muy ocupada y hoy me estoy poniendo un poco al día con vuestra página vaya contentos que se le ve a todos en la cocina bravo por los agricultores y por las/os cocineros que satisfechos se les ve en la cara y lo mejor es que después lo degustaron Besos de parte de LOLY para todos

    ResponderEliminar