12 mar 2013

Tarde de celebración en Atalaia

Hoxe voltamos estar de celebración por Atalaia.
Desta vez o "culpable" foi Jose Castro, que cumpliu o pasado domingo uns espléndidos 83 anos de nada.
¡¡¡Moitísimas felicidades Jose!!!!






Todas as mulleres da casa quixeron achegarse a felicitar a Jose, que como poderedes ver nas fotos, repartiu bicos a reo.
Adicamos un tempo a botar un baile, por iso de ir queimado as calorías do que viña despois, esa magnífica tarta de froitas que podedes ver na imaxe.

Despois cantamos xuntos esa fermosa canción que di "Cumpreanos feliz..." e fixemoslle entrega dun agasallo feito con todo o noso agarimo para que lembrase algúns dos seus mellores momentos do ano no centro de día.

Para rematar, todo xuntos demos boa conta da tarta, da que, sentíndoo moito polos que non estivestes, non deixamos nin as migas...

Aquí podedes ver as fotos da tarde:


6 mar 2013

A Santiago voy...



O pasado sábado, o equipo de profesionais do Centro de día Atalaia ó completo nos desprazamos á cidade de Santiago de Compostela para participar nun foro de formación que levaba por título "Deseñando o noso futuro xerontolóxico" organizado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

O foro, centrado no futuro e os novos retos dos centros de atención a persoas maiores, reuniu no Hotel Congreso de Santiago a 220 profesionais do sector.

Nesta xornada, relatores doutras comunidades autónomas e técnicos de distintos centros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar reflexionaron sobre os novos deseños, a atención e as posibles melloras nestes servizos.



Ana Fieira, directora do noso centro, participou na mesa que levaba por título "O prototipo dun centro de día: estrutura e habilidades profesionais", cunha fantástica intervención que se centrou nas claves dun trato humanizado.



1 mar 2013

Celebrando os oitenta e tantos...

Onte foi día de celebración por Atalaia, e ademais por partida triple.

Carmiña



Tres das nosas usuarias celebraron connosco o seu aniversario, Secundina, Carmiña e Carmen.
 
Como ben sabedes, gústanos moito isto da festa, polo que aproveitamos a ocasión para botar un baile todos xuntos, que non se cumpren oitenta e tantos tódolos días.

Preparamos uns agasallos para as nosas compañeiras, que según podedes ver nas fotos, parece que lles fixeron bastante ilusión.

Despois chegou o momento de cantar iso de "Cumpreanos feliz...", soprar as velas, e pedir un desexo a cumplir durante este ano.

Rematamos a tarde cun brinde con cava todos xuntos e degustando a deliciosa tarta de fresas con nata que preparamos para a ocasión.

Carmen S.
Secundina


¡¡¡¡¡ Moitísimas felicidades ás tres!!!!!


Podedes ver as fotos da tarde aquí:



26 feb 2013

Obradoiros de Cociña Saudable

No verán asistimos un pequeno grupo de usuarios a Etea ao Obradoiro de cociña saudable, enmarcado no programa “Síntome Ben” organizado polo Concello de Vigo.

Este obradoiro consistía en explicacións prácticas, montaxe de pratos saudables con degustación e entrega de fichas con menús.

 A raíz da nosa asistencia ao Obradoiro de Cociña Saudable, nestes meses a Nutricionista de dito programa, Natalia Carrillo, nos ofreceu en varias sesións unha ampliación do obradoiro no noso centro.

Supuso unha oportunidade fantástica para reflexionar acerca dos nosos costumes alimentarios e probar ingredientes novos e receitas diferentes de pratos tan tradicionais como é o arroz con leite.




Como colofón a estas sesións, Natalia achega unha serie de consellos moi prácticos para mellorar a nosa alimentación, e , por tanto, a nosa saúde:

Vivimos nunha sociedade contraditoria: por un lado cada vez máis preocupada pola saúde, con más e mellor coñecemento sobre como confeccionar hábitos e menús saudables; pero que asiste atónita a un incremento preocupante de enfermidades autoinmunes, alerxias, transtornos alimentarios....

Noutra banda , o primeiro mundo estase a morrer de "sobrealimentación" ( e malnutrición! ).Basta con mencionar o colesterol, diabete, obesidade, arteriosclerose....por só citar os principais factores de risco cardiovascular. 

Por fortuna, a medicina estase a enfocar non só tradicional tratamento fármaco-quirúrxico . Os últimos avances e investigacións, demostran que para a curación das enfermidades, a saúde, dieta e estilo de vida por esta orde ) son tan ou máis importantes que a medicación. 

Este novo enfoque pon de relevancia o que xa enunciara Hipócrates …. é que, a teor do exposto anteriormente cada un de nós a chave do seu benestar: somos o que comemos . 

Algúns cambios que nos axudarán a vivir mellor ( ademáis da consabida prudencia co azucre e as graxas animáis ): 
• Consumir preferentemente lácteos vexetáis e/ou fermentados desnatados 
• Incluir sementes de liño , sésamo, cabaza e xirasol (variando ) 
• Aprender a cociñar con algas 
• Adicar un pouco de tempo á cociña ( preparando biscoitos integráis , barriñas de avea, arroz con leite integral...) 
• Consumir máis legumes ( feixóns , chícharos, fabas , lentellas...) , tofu, peixe e clara de ovo que carnes vermellas
• Descubrir o fantástico mundo dos cereais integrais : quinoa, amaranto, mijo, cebada,arroz salvaxe.....para as nosas sopas , paellas , tortas..... 

Asemade adxúntovos un cadro que agardo vos sexa de moita utilidade á hora de controlar e reenfocar a vosa alimentación . Recordade sempre que as necesidades individuais varían coa actividade ,sexo, idade... e que á hora de escomenzar unha dieta debemos acudir a profesionáis cualificados .




Un saúdo moi agarimoso a tódolos usuarios , familiares e traballadores do centro Natalia Carrillo Pousa . 




12 feb 2013

Baile de Entroido en Atalaia

Onte celebramos o tradicional baile de Entroido no noso centro.

Como xa sabedes, este ano, a temática escollida para a elaboración dos nosos disfraces foi " O traballo e as profesións".

Cada un de nós púxose a buscar traballo, e... algo atopamos.

O caso é que, por un día, o centro transformouse nunha oficina de emprego chea de profesionais moi cualificados en busca dunha oportunidade.

Todos e cada un de nós desfilamos ó son da música, amosando as nosas cualidades profesionais e as nosas ganas de rir e pasalo ben.

Non sabemos se alguén querrá contratarnos... Por se acaso, aquí deixamos as fotos, e se tedes algún traballiño para nós... pois igual podemos negociar....



8 feb 2013

Arrancamos coas celebracións do Entroido

Xa estamos de cheo no Entroido, e nós xa levamos un tempiño traballando nos preparativos.
Xa temos listos os nosos disfraces... o próximo luns celebraremos o noso baile de Entroido. Así que estades pendentes do blog, porque as fotos non terán desperdicio!!!!!

Ademáis, durante estas semanas pasadas estivemos moi atarefados decorando o centro co noso particular Meco, a sardiña que choraremos o mércores de cinza, e máscaras e caretas que ubicamos por todo o centro para axudarnos a ambientar esta colorida época do ano.

Por si non nos chegara con todo este traballo, tamén elaboramos os disfraces dos nenos e nenas do Programa Interxeracional.

Este ano os nenos/as decidiron ir vestidos de superhéroes, e, nós, que somos moi apañadiños, lles fixemos uns traxes ben xeitosos. Temos que dicir que eles colaboraron moito na confección e decoración do seu disfraz.

O resultado de todo este traballo o podedes ver nas seguintes fotos:


¡¡¡¡Pero que requeteguapos estaban os nosos superhéroes!!!!
Agora, despois de tantos traballos, toca desfrutar da festa: Nos próximos días bailaremos, nos disfrazaremos, comeremos lacón con grelos, ourellas de entroido que elaboraremos entre todos no centro, etc.

7 feb 2013

Un conto pola paz

O pasado venres 1 de febreiro tivemos no centro unha visita moi especial.
Un grupo de alumnos e alumnas do EEI Monte da Guía achegouse ó noso centro para facernos chegar parte dun traballo que fixeron para conmemorar o día da paz.


Este grupo de nenos e nenas contaronnos un precioso conto, "El Hombre de la Flor".
“EL HOMBRE DE LA FLOR” é un libro ilustrado “sen palabras” por MARK LUDY. Unha obra mestra moi apropiada para os tempos que estamos a vivir. Este encantador home, infúndenos esperanza e nos ensina a importancia das pequenas cousas.
Despois nos agasallaron cunhas fermosas flores feitas por eles na aula e que encheron o noso centro de ledicia.
 Aquí tedes o enlace ó video que fixeron para resumir todo este proceso, incluindo a visita ó noso centro.



Podedes visitar o blog do EEI Monte da Guía aquí:

http://bibliotegrinha.blogspot.com.es/2013/02/un-conto-pola-paz-el-hombre-de-la-flor.html#comment-form