Coma tódolos anos por estas datas, a través dos centros de saúde dá comezo a campaña do Sistema Galego de Saúde (SERGAS) de administración de vacinas fronte a gripe.
A gripe é unha enfermidade altamente infecciosa que en persoas adultas sas non ten, xeralmente, demasiada gravidade. Pero en certos colectivos sí que pode constituír un risco grave de saúde, como é no caso de persoas coas defensas baixas, nenos e, no caso que nos ocupa, persoas maiores.
Por todo isto recomendo que acudan ó seu centro de saúde, para asesorarse sobre a conveniencia de que se vacinen fronte a gripe as persoas maiores que están ó seu cargo, así como vostedes mesmos. Sería convinte que aproveitasen a visita ó seu médico de cabeceira, para revisar outras vacinas necesarias no maior, como son a vacina fronte ó neumococo (esta bacteria produce con frecuencia neumonías, con graves consecuencias para os maiores e inmunodeprimidos) e a vacina fronte ó tétanos e a difteria.
É de utilidade que ó acudir ó médico do centro de saúde para revisar as vacinas necesarias para o maior, leve con vostede as antigas cartillas de vacinación que poida ter o maior na casa.
RECORDE, É MELLOR PREVIR QUE CURAR
Se o maior se atopase enfermo e sospeitasen de gripe, a mellor actuación será poñerse en contacto telefónico co centro de saúde, e deixalo namentres na casa, para evitar que infecte a outras persoas.
As vacinas preveñen moitas enfermidades graves, evitando tratamentos con moitos efectos secundarios e menos efectivos que unha vacina a tempo.
Lembre que a Consellería de Sanidade habilitou un teléfono para atender emerxencias non urxentes: 986 806350. Tamén poden chamar ó seu centro de saúde para maior información sobre a campaña de vacinación.
NO CASO DE VACINAR O MAIOR, AGRADECERÍAMOS QUE NOS INFORMASE PARA QUE CONSTE NO CENTRO DE DÍA.
22 oct 2013
14 oct 2013
Cumpreanos feliz!!!!!!
Estamos no mes de outubro, e no noso centro este é un mes de moita celebración, posto que moitos dos nosos usuarios cumpren anos nestas datas.
O pasado xoves celebramos os aniversarios de dúas das nosas usuarias, Mª Luisa e María, sen olvidarnos da nosa querida Tere, que cumprindo anos tamén nestes días, non puido acompañarnos por motivos de saúde.
Un bico forte para ti, Tere. No centro todos esperamos que te recuperes moi pronto.
Para que vexades o ben que o pasamos, aquí tedes as fotos da xornada, que incluiu tarta, baile e agasallos.

Obradoiro de reciclaxe
Estes días aproveitamos para adicar un tempo a reciclar. Clasificamos diferentes residuos que son habituais no noso centro para despois achegarnos ó punto limpo e colocar cada cousa no seu contenedor correspondente.
Unha interesante iniciativa que repetiremos con frecuencia:
Unha interesante iniciativa que repetiremos con frecuencia:
20 sept 2013
Un tomate de campionato
Esta mañá, como tódolos venres nos achegamos a nosa horta a recolleitar e regar.
Hoxe recollimos pementos, berenxenas, un dos últimos cabaciños da tempada, peras, mazás e... un tomate deses que quitan o hipo: 1,420 gramos de tomate:
Vos desfrutade das fotos que nós xa dimos boa conta del á hora da comida.

Aprovietando que vai bo tempo... Imos pasear
Onte apreoveitamos os últimos días de verán para achegarnos á praia da Punta, moi próxima ó noso centro, para desfrutar dun agradable paseo en compañía dos nosos bos amigos da Asociación Alborada.
Foi unha mañana fantástica que esperamos poder repetir pronto.
Foi unha mañana fantástica que esperamos poder repetir pronto.
Seguimos a cumplir anos... xuntos
Xa sabedes que o aniversario de cada un de nós é unha data moi importante que celebramos sempre.
Nestes días vimos de celebrar varias festas de cumpreanos.
O 30 de agosoto tocoulle o turno a Celso e os seus 91 anos de nada. Aquí tedes as fotos da celebración:
Estes días tamén cumpriron anos Eugenia, 95 nada menos, e Lito, que estrena década dos 70.
Fixemos festa con baile e todo, e ambos recibiron múltiples mostras de agarimo por parte de todos e todas. Mirade as fotos e veredes:
¡¡¡Moitas felicidades a todos/as!!!!!

29 ago 2013
Imos á praia...
Hoxe estivemos na praia... o pasamos de medo.
Un día fantástico, aquí tedes as fotos:
Un día fantástico, aquí tedes as fotos:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)