15 nov 2013

Magosto no CEI Monte da Guía

Xa vos contamos na entrada anterior que estabamos a preparar unha celebración do magosto moi especial co alumnado do CEI Monte da Guía.

 Xa levabamos moito tempo sen vernos, desde antes das vacacións de verán, e a verdade é que tiñamos moitas ganas de compartir con eles unha das nosas xornadas especiais.

 Encántannos os nenos/as, fan que apareza unha enerxía renovada en nós, e aínda que sempre acabamos todos moi cansos, voltamo ó centro con moi bó sabor de boca. E hoxe non foi distinto.

Pasamos boa parte da mañá con eles, cantando, escoitando as poesías que con tanto agarimo prepararon, bailando xuntos ó son das gaitas, comendo unhas deliciosas castañas, e xogando.

Desta vez os maiores tomamos o rol de mestres, e ensiamos ós máis cativos algún dos xogos de cando nós éramos nenos. Jose Luis ensinou cuhna paciencia infinita como se bota o trompo, un arte da que é todo un mestre, e que deixou ós nenos abraiados. Victoria e Mª Luisa foron as encargadas de ensinar a contriur castelos de carozos, mentras que Lito e Carlos se ocuparon de ensinar o xogo do golf-castaña.

Tamén Quina, Isita e Carmiña estiveron moi atarefadas ensinando o xogo da castaña, onde os nenos/as tiveron que afinar a súa puntería. Rematamos a xornada intercambiando agasallos e agarimos, e desexando que chegue pronto unha nova ocasión para poder compartir tempo con estes estupendos nenos/as e as súas profes.




 MOITAS GRACIAS POR INVITARNOS

Novembro, o mes do magosto

Como ben sabedes, o mes de novembro é o mes dos magostos, e nós, que somos moi fieis ás tradicións, non íamos deixar a oportunidade de celebrar o noso propio magosto en Atalaia.
 Pero como toda boa festa sempre require unha serie de traballos previos, xa levamos unha semana traballando a reo e programando as actividades a desenvolver.
Como non nos chegaba unha festa, decidimos facer dous. O xoves asamos castañas no centro, bailamos e lembramos algún dos xogos que máis nos facían sorrir cando éramos novos.
E despois o venres, aproveitando que tiñamos frescos todos eses xogos, nos achegamos ó CEI Monte da Guía para compartir co alumnado do cole, que xa son vellos conocidos,a súa festa do magosto e xogar un rato xuntos.
Para esta visita ó cole, decidimos preparar uns agasallos, que neste caso foron unhas medallas que elaboramos con castañas e un pouco de imaxinación. Aquí vos deixamos as fotos dos preparativos do noso magosto:


O xoves acompañounos un día fantástico así que na terraza do centro tivemos a oportunidade de celebrar unha xornada moi agradable na que non nos faltou de nada. Aquí tedes aproba:





11 nov 2013

E seguimos de celebración...

O pasado venres 8 de novembro foi o aniversario do noso compañeiro Fino, que celebrou conosco o seu 83 cumpreanos. E é que non paramos de celebrar...

Aquí tedes as fotos:

31 oct 2013

Moitas felicidades Ramón e Rosa...

Onte por Atalaia voltamos a estar de celebración.
Desta vez foron Rosa e Ramón os que celebraron con nós o seu aniversario.

Aquí tedes as fotos da xornada:



30 oct 2013

Atalaia se viste de outono

Este mes de outubro andivemos moi atarefados traballando na renovación da decoración do noso centro.
 Aproveitando que estamos no outono, época do ano na que a natureza nos brinda cores moi fermosas, decidimos apreveitar ramas, follas e outros materiais para confeccionar os elementos decorativos que podedes ver nas fotos.

Mirade canto traballamos e o bonitos que nos quedaron:






E que estamos feitos uns artisitas!!!!!!

Manolo Escobar... ata sempre

Estes días recibimos a triste noticia do falecemento dun dos grandes da copla do noso país.
Moitos dos nosos usuarios e usuarias son fans de Manolo Escobar, do que coñecen as letras das súas cancións, as súas películas, a súa traxectoria vital, etc.

Por este motivo, quixemos adicar unha tarde a lembrar algún dos seus temas máis emblemáticos, como xeito de rendir o noso particular homenaxe ó noso querido "Manolo".

Desta vez foi Fátima, a nosa terapeuta, a encargada de facer unha exhaustiva investigación e recopilar fotos, cancións e vídeos diversos, que desfrutamos todos xuntos onte pola tarde.

Aquí tedes as fotos da actividade:


22 oct 2013

Iniciase a campaña de vacinación fronte a gripe...

Coma tódolos anos por estas datas, a través dos centros de saúde dá comezo a campaña do Sistema Galego de Saúde (SERGAS) de administración de vacinas fronte a gripe. A gripe é unha enfermidade altamente infecciosa que en persoas adultas sas non ten, xeralmente, demasiada gravidade. Pero en certos colectivos sí que pode constituír un risco grave de saúde, como é no caso de persoas coas defensas baixas, nenos e, no caso que nos ocupa, persoas maiores.

Por todo isto recomendo que acudan ó seu centro de saúde, para asesorarse sobre a conveniencia de que se vacinen fronte a gripe as persoas maiores que están ó seu cargo, así como vostedes mesmos. Sería convinte que aproveitasen a visita ó seu médico de cabeceira, para revisar outras vacinas necesarias no maior, como son a vacina fronte ó neumococo (esta bacteria produce con frecuencia neumonías, con graves consecuencias para os maiores e inmunodeprimidos) e a vacina fronte ó tétanos e a difteria.

 É de utilidade que ó acudir ó médico do centro de saúde para revisar as vacinas necesarias para o maior, leve con vostede as antigas cartillas de vacinación que poida ter o maior na casa. RECORDE, É MELLOR PREVIR QUE CURAR Se o maior se atopase enfermo e sospeitasen de gripe, a mellor actuación será poñerse en contacto telefónico co centro de saúde, e deixalo namentres na casa, para evitar que infecte a outras persoas. As vacinas preveñen moitas enfermidades graves, evitando tratamentos con moitos efectos secundarios e menos efectivos que unha vacina a tempo.

 Lembre que a Consellería de Sanidade habilitou un teléfono para atender emerxencias non urxentes: 986 806350. Tamén poden chamar ó seu centro de saúde para maior información sobre a campaña de vacinación. NO CASO DE VACINAR O MAIOR, AGRADECERÍAMOS QUE NOS INFORMASE PARA QUE CONSTE NO CENTRO DE DÍA.