7 may 2014

Chegan os maios

Comezou o mes de maio, o mes das flores.


Como cada ano por estas datas, celebramos a Festa dos Maios coa construción dun maio e o ensaio de cantigas e danzas tradicionais.

Este ano temos previsto celebrar a festa con dous actos diferentes. O primeiro será o próximo venres 9 de maio cando un grupo de maiores desprazaranse o EEI Monte da Guía, para compartir a festa co alumnado do centro e tamén con CEP Santa Tegra. (Construiremos xuntos o maio da escola e aproveitaremos para ensinarñes danzas e cantigas tradicionais.)

 Asimesmo, o próximo xoves 15 de maio celebraremos a nosa propia festa no centro, pola mañá.
Xa estamos metidos de cheo nos preparativos.

Igual que fixéstedes o ano pasado, gustaríanos que participedes, na medida das vosas posibilidades, axudándonos coa recolección das flores, polo que vos pedimos que entre o luns 12 e o mércores 14 de maio nos fagades chegar fiuncho, pampillo (pequenas margaridas silvestres de cor amarelo), calas, rosas, claveis, ou calquera tipo de flor que teñades na casa e que non se marchite con excesiva facilidade.

Non se trata de que todos enviedes de todo, senón que cada un de vós colabore na medida que lle sexa posible, sen grandes complicacións, e por suposto, sen comprar nada. Se tedes algunha dúbida, podedes poñervos en contacto con nós a través das canles habituais.

Nós completaremos a vosa aportación con saídas en pequenos grupos de usuarios a recolectar polos campos do barrio.

30 abr 2014

Abril, o mes das compañeiras Quina e Victoria

O pasado venres celebramos os cumpreanos de dúas das nosas usuarias, Victoria e Quina.

Organizamos un pequeno baile para abrir apetito para a tarta, cantamos o "Cumpreanos feliz", entregamos un agasallo a cada unha de elas e o pasamos todos xuntos estupendamente.

Aquí tedes as fotos que fixemos da xornada:


¡¡¡¡Parabens compañeiras!!!!

22 abr 2014

Luns de Pascua na capela de Nosa Señora da Guía

Onte, ainda que o día non acompañaba demasiado, achegámonos á fermosísisma capela de A Guía, onde un grupo de usuarios/as do centro, acompañados por algunha das traballadoras, foron a escoitar misa.

Rematamos a Semana Santa, é os nosos maiores, moi fieis as súas tradicións, quixeron achegarse e compartir xuntos esta celebración.

Para moitos deles supuso un reencontro coa Guía, posto que facía moitos anos que non tiñan oportunidade de visitala.

Foi unha estupenda oportunidade para encontrarnos coa xente do barrio, e compartir unha fermosa liturxia.

Aquí tedes, como sempre, as fotos da xornada:


16 abr 2014

Misa de Ramos en Atalaia

O pasado luns, o padre Ramón, párroco de Nosa Señora das Neves, achegouse ó noso centro para oficiar a misa de Ramos. Nela bendecimos os ramos de olivo, tal e como manda a tradición.

Foi unha celebración moi fermosa, que agradecemos moito.

Aquí tedes as fotos da mesma:



9 abr 2014

Imos sementar... co CEP Santa Tegra

Onte fixemos unha desas actividades que sempre nos deixan moi bo sabor de boca.

Un grupo de maiores acudiu ata o CEP Santa Tegra para compartir co alumnado da clase de 4º unha sesión do programa Imos Sementar.

Desta ocasión, ensinamos os nenos/as a elaborar un semilleiro de leitugas, que agora teñen a misión de coidar no seu centro ata que acaden o tamaño axeitado para poder trasplantalas na nosa horta.

Foi unha xornada fantástica, na que desfrutamos transmitindo ás novas xeracións os nosos coñecementos nas labores de horticultura.

 Como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí deixamos as fotos para que poidades ver o que deu de di a xornada:


25 mar 2014

Un barquiño coma min

"Un barquiño como min" é o título dun fermoso conto que un grupo de nenos/as do CEI Monte da Guía se achegaron a contarnos o pasado mércores 19 de marzo.

Xuntos escoitamos a historia que a profe Elena tan ben nos contou para logo crear un mural no que nenos/as e maiores introducimos os nosos desexos de paz.

Desfrutamos dunha mañá fantástica en compañía destes nenos/as, que nos achegaron moita alegría, como podedes ver nas fermosas fotos que o noso amigo Muanuel G. Vicente fixo da xornada.


11 mar 2014

E seguimos a cumprir anos

Onte Atalaia volveu estar de celebración.

Desta ocasión, engadiron velas a súa tarta dous dos nosos usuarios, Jose e Carlos.

 Para celebralo, dúas das nosas usuarias elaboraron unha deliciosa tarta de que demos boa conta todos xuntos na hora da merenda. Aquí tedes unhas fotiños da xornada: