Estamos en novembro, tempo de frío e castañas, tempo de magostos.
Nós non perdemos ocasión para montar unha festa, así que aproveitando a época do ano, puxémonos mans a obra para celebrar un magosto "como dios manda".
O luns 9, día anterior a festa, puxémonos mans á obra, e picamos as castañas que íamos comer o día seguinte. Nesta tarefa involucrámonos todos, e aproveitando unha estupenda mañá de sol, saímos á terraza a traballar:
O martes 10, visitáronnos tres irmás castañeiras, Puriña, Manoliña e Maruxiña, que madrugaron moito ese día, e viñeron no Castromil desde o seu pobo, O Quinto Carballo, para asarnos as castañas. Unha delas viña preñada e todo, e logo descubriredes o que nos pasou con ela.
Aquí presentámosvos as nosas castañeiras:
Estas tres mulleres traballaron a reo, asaron castañas, chourizos, fixeron queimada e trouxeron viño da casa para que a nosa festa fose un gran éxito:
E efectivamente, a festa foi un gran éxito, comimos castañas a rebentar, e que ricos estaban eses chouriciños:
E claro, despois de tanto comer e beber había que baixar todo aquilo, así que veña a bailar todos xuntos....
E cando a festa xa estaba a piques de rematar... menudo susto... a Puriña rompeu augas e púxosenos de parto.... Menos mal que entre nosos usuarios tiñamos experimentadas comadronas e todo ssaiu moi ben:
Foi un día fantástico, onde rimos, comimos, bailamos e pasámolo estupendamente todos xuntos.
Moitas gracias as castañeiras por todo e.... con respecto o de cobrar... vaian vostedes a falar cós de Santiago e a ver se teñen sorte...