1 feb 2016

Participamos nun concurso de máscaras e entroido

Estas semanas pasadas estivemos moi atarefados preparando unhas preciosas máscaras para presentar ó concurso que CARLIN, a empresa de papelería coa que traballamos, organiza este entroido.

 Aquí deixamos as fotos do que deu de si este traballo e agora tócanos esperar a ver se temos sorte e levamos algún premio:

5 ene 2016

Brindamos coas familias polo 2.016

Aquí deixamos as preciosas fotos que o noso bo amigo Manuel G. Vicente fixo durante o encontro que tivemos o pasado 29 de decembro coas familias dos usuarios/as:


31 dic 2015

A nosa tradicional visita ós Belens de Afundación

O pasado 22 de decembro, voltamos repetir unha desas actividades que tanto nos gusta, a visita á exposición de Beléns de Afundación. Fomos, como outras veces, acompañados polos nosos amigos e amigas da Asociación Alborada.

Despois da visita cumprimos todos xuntos con outra tradición que nos encanta, ir a tomar un chocolate con churros nunha famosa cafetería da cidade.

As fotos falan por si soas do ben que o pasamos, así que aquí volas deixamos:

29 dic 2015

Feliz 2.016

O 2.015 está a piques de rematar, e queremos desexarvos en feliz ano novo a todos os que seguides as nosas andanzas.
Estes días estamos a facer repaso de todo o que deu de si este 2.015, e queremos compartilo con todos vós. Por iso preparamos este vídeo onde podedes ver algúns dos mellores momentos.

Esperamos que vos guste!!!!!






17 dic 2015

E onte... É o turno dos peques da escola infantil municipal

Seguimos coas visitas. Onte foi o turno dos máis peques, que prepararon unha preciosa panxoliña e un baile.

Nós aproveitamos para ensinarlles algunha das moitas panxoliñas que sabemos e xuntos pasámolo estupendamente.

Podedes ver aquí as fotos da xornada:




16 dic 2015

O CEP Santa Tegra felicítanos as festas con panxoliñas de Nadal.

Estamos no mes de Nadal, época de compartir cos nosos os nosos mellores desexos.
É por isto que estes días estamos a recibir polo centro a visita de moitos dos amigos e amigas cós que compartimos ó longo de todo o ano actividades moi diversas, para desexarnos un bo nadal.
 Onte foi o turno do alumnado do CEP Santa Tegra, en concreto das clases de 1º, 2º e 3º de primaria, que se achegaron ó centro para compartir con nós un concerto de panxoliñas que estiveron preparando con moito agarimo para nós.
Aquí deixamos as fotos da fantástica xornada:

Obradoiro de Nadal cos amigos/as do EEI Monte da Guía

O pasado venres tivemos polo centro unha visita moi especial. A clase de 5 anos do EEI Monte da Guía, acompañados poloas profes Elena e Rafa achegáronse para compartir con nós unha actividade preciosa que deixou unha fermosa árbore de nadal adornando a nosa galería.


Comezamos a xornada co saúdo entre nenos/as e maiores, e as presentacións nos que aínda non nos coñecíamos.


Unha vez feito isto, xa nos metimos de cheo en materia. Divididos por parellas (neno/a e maior), os nenos/as debuxaron nun folio a man do seu maior, para despois recortala. Tamén decoramos xuntos uns preciosos corazóns que encheron a nosa árbore de amor.


Despois de todo este traballo, chegou o momento de montar e decorar a árbore. Nas fotos podedes ver todo o proceso e o fermoso resultado: