Despois dun tempo co noso blogue "descuidado", voltamos de novo con moitas ganas de contarvos que é o que andamos facendo polo noso centro.
Comezamos co Entroido, que deu moito de si e tívonos moi atarefados durante todo o mes de febreiro.
Participamos nun concurso de máscaras de entroido, e este ano o fixemos coas mans na masa, entre ovos e fariña, e salironnos unhas máscaras "para chuparse os dedos".
Foron días de intenso traballo compartido, que podedes ver nas fotos:
FOTOS CONCURSO DE MASCARAS
O pasado xoves 23 de febreiro, aproveitamos a estupenda programación do Museo Etnográfico Liste de Vigo, para organizar unha saída fóra do centro e coñecer da man de Sonia e Erika as diferentes maneiras de celebrar o Entroido que temos en Galicia.
Comezamos a sesión cunha exposición onde aprendimos como é o Entroido segundo a zona na que nos atopemos, para despois poñernos man á obra para facer o noso propio "Pucho de Chantada".
Estivemos moi aterefados elaborando flores de cores coas que confeccionamos un precioso "Pucho" que probamos todos e despois levamos para o centro.
Máis detalles nas seguintes fotos:
FOTOS DA VISITA O MUSEO LISTE
Pero o noso entroido ainda deu moito máis de si. O día seguinte da saída ó museo Liste, recibimos no centro a visita dos nenos e nenas da aula de 2-3 da Escola Infantil Municipal Atalaia, que se achegaron ó noso centro para desfilar e amosarnos os seus fermosos disfraces.
Podedes ver máis fotos desta visita aquí:
VISITA DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL ATALAIA
E como ben sabedes, a cociña é unha das nosas paixóns, así que non dubidamos en organizarnos e preparar entre todos/as unha riquísimas orellas de Entroido.
Máis fotos no seguinte enlace:
FOTOS DO OBRADOIRO DE ORELLAS DE ENTROIDO
14 mar 2017
6 jul 2016
Coñecendo o porto de Vigo por dentro
O pasado 30 de xuño tivemos a oportunidade de achegarnos ó porto de Vigo e coñecer por dentro o seu funcionamento.
Empezamos cun percorrido polas lonxas de baixura e de altura, e quedamos abraiados de como cambiou todo desde que os nosos usuarios/as as frecuentaban. Coñecimos á parella de aguias que se encargan de ter ás gaivotas á raia nos momentos de descarga do peixe, ás que puidemos incluso tocar.
Despois achégamonos ata o muelle de Bouzas para coñecer polo miudo o proceso de carga dos coches nos barcos. IMPRESIONANTE, e rematamos na zona de Guixar coñecendo como se xestiona o transporte de mercadorías nos contenedores.
Foi un percorrido tremendamente educativo, onde aprendimos un montón de cousas moi interesantes. Absolutamente recomendable. Aquí tedes algunhas fotos desta xornada:
ENLACE DIRECTO ÁS FOTOS

5 jul 2016
Celebramos San Xoán
O pasado 23 de xuño tivemos no centro unha desas celebracións que tanto nos gustan: o San Xoán.
Contamos coa visita dunha parella de "BRUXAS" acompañadas polo seu aprendiz, e con eles repasamos as principais tradicións para pasar a noite máis curta do ano "en condicións": preparamos os ramos de herbas para elaborar a auga de San Xoán, explicamos a importancia de satar a fogueira, de saltar as ondas do mar, etc.
Ademais preparamos unha queirmada para espantar tódolos males e comimos xuntos unhas deliciosas sardiñas con pan de millo. Aproveitamos para bailar e bailar, e pásamolo estupendamente, tal e como podedes ver nestas fotos:

Teatro a cargo do alumnado de 6º curso do CEP Santa Tegra de Teis
O pasado 17 de xuño recibimos unha visita estupenda no centro.
O alumnado de 6º curso do CEP Santa Tegra achegouse ó noso centro para representar unha divertidísima obra de teatro que arrincounos máis dunha carcaxada.
Estes rapaces e rapazas o fixeron estupendamente, e como peche da súa actuación, bailaron unha estupenda coreografía o son do grande Michael Jackson.
Aquí tedes as fotos da xornada:

30 may 2016
Traballando na horta con 5º de Primaria do CEP Santa Tegra
O pasado xoves día 26 de maio compartimos a mañá co alumnado de 5º do CEP Santa Tegra de Teis traballando na nosa horta.
Foi unha mañá intensa de traballo, arrincando malas herbas, removendo a terra, abonando, plantando, regando...
Os nenos e nenas foron uns excelentes aprendices de agricultores, e traballaron a reo.
Agora toca coidar a plantación e esperar a que as nosas plantiñas medren e den os seus froitos.
Mirade nas fotos que fixemos o moito que traballamos:

12 may 2016
Chegan os maios a Atalaia
Comezou
o mes de maio, o mes das flores. Como cada ano por estas datas,
celebramos a Festa dos Maios coa construción dun maio e o ensaio de
cantigas e danzas tradicionais.
O pasado luns 9 de
maio celebramos a nosa propia festa no centro,
construindo o noso maio. Este ano, a asociación de comerciantes de Teis pediron da nosa colaboración, para elaborar un maio que estará exposto, xunto cós maios de outros centros do barrio, nas rúas que rodean o mercado de Teis ó longo de toda a semana. Se tedes ocasión, invitámosvos a que vos acheguedes a visitar a exposición. O noso está ubicado na parte alta da rúa Sanjurjo Badía.
Neste enlace, podedes ver a reseña que Faro de Vigo fixo desta actividade:
NOTICIA NO FARO DE VIGO
Aquí deixamos o enlace ás fotos que amosan o proceso de construcción do noso maio:
Moitas gracias a tódalas familias pola vosa axuda á hora de traernos flores!!!!!!
ENLACE DIRECTO ÁS FOTOS
3 may 2016
Atalaia e Alborada coñecen xuntas a historia da industria conserveira da nosa cidade.
O pasado martes 26 de abril achegámonos ata o precioso museo que ANFACO ten nas súas instalacións do CUVI, e dan man de Marina, a persoa que acompañou a nosa visita, aprendimos uns e lembramos outros, a historia da industria conserveira da nosa cidade.
Resultou unha actividade preciosa que deixou moi bo sabor de boca entre todos os asistentes:
Gracias Manuel G. Vicente polas fotos.
ENLACE DIRECTO ÁS FOTOS
Resultou unha actividade preciosa que deixou moi bo sabor de boca entre todos os asistentes:
Gracias Manuel G. Vicente polas fotos.
ENLACE DIRECTO ÁS FOTOS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)