26 feb 2013

Obradoiros de Cociña Saudable

No verán asistimos un pequeno grupo de usuarios a Etea ao Obradoiro de cociña saudable, enmarcado no programa “Síntome Ben” organizado polo Concello de Vigo.

Este obradoiro consistía en explicacións prácticas, montaxe de pratos saudables con degustación e entrega de fichas con menús.

 A raíz da nosa asistencia ao Obradoiro de Cociña Saudable, nestes meses a Nutricionista de dito programa, Natalia Carrillo, nos ofreceu en varias sesións unha ampliación do obradoiro no noso centro.

Supuso unha oportunidade fantástica para reflexionar acerca dos nosos costumes alimentarios e probar ingredientes novos e receitas diferentes de pratos tan tradicionais como é o arroz con leite.




Como colofón a estas sesións, Natalia achega unha serie de consellos moi prácticos para mellorar a nosa alimentación, e , por tanto, a nosa saúde:

Vivimos nunha sociedade contraditoria: por un lado cada vez máis preocupada pola saúde, con más e mellor coñecemento sobre como confeccionar hábitos e menús saudables; pero que asiste atónita a un incremento preocupante de enfermidades autoinmunes, alerxias, transtornos alimentarios....

Noutra banda , o primeiro mundo estase a morrer de "sobrealimentación" ( e malnutrición! ).Basta con mencionar o colesterol, diabete, obesidade, arteriosclerose....por só citar os principais factores de risco cardiovascular. 

Por fortuna, a medicina estase a enfocar non só tradicional tratamento fármaco-quirúrxico . Os últimos avances e investigacións, demostran que para a curación das enfermidades, a saúde, dieta e estilo de vida por esta orde ) son tan ou máis importantes que a medicación. 

Este novo enfoque pon de relevancia o que xa enunciara Hipócrates …. é que, a teor do exposto anteriormente cada un de nós a chave do seu benestar: somos o que comemos . 

Algúns cambios que nos axudarán a vivir mellor ( ademáis da consabida prudencia co azucre e as graxas animáis ): 
• Consumir preferentemente lácteos vexetáis e/ou fermentados desnatados 
• Incluir sementes de liño , sésamo, cabaza e xirasol (variando ) 
• Aprender a cociñar con algas 
• Adicar un pouco de tempo á cociña ( preparando biscoitos integráis , barriñas de avea, arroz con leite integral...) 
• Consumir máis legumes ( feixóns , chícharos, fabas , lentellas...) , tofu, peixe e clara de ovo que carnes vermellas
• Descubrir o fantástico mundo dos cereais integrais : quinoa, amaranto, mijo, cebada,arroz salvaxe.....para as nosas sopas , paellas , tortas..... 

Asemade adxúntovos un cadro que agardo vos sexa de moita utilidade á hora de controlar e reenfocar a vosa alimentación . Recordade sempre que as necesidades individuais varían coa actividade ,sexo, idade... e que á hora de escomenzar unha dieta debemos acudir a profesionáis cualificados .




Un saúdo moi agarimoso a tódolos usuarios , familiares e traballadores do centro Natalia Carrillo Pousa . 




12 feb 2013

Baile de Entroido en Atalaia

Onte celebramos o tradicional baile de Entroido no noso centro.

Como xa sabedes, este ano, a temática escollida para a elaboración dos nosos disfraces foi " O traballo e as profesións".

Cada un de nós púxose a buscar traballo, e... algo atopamos.

O caso é que, por un día, o centro transformouse nunha oficina de emprego chea de profesionais moi cualificados en busca dunha oportunidade.

Todos e cada un de nós desfilamos ó son da música, amosando as nosas cualidades profesionais e as nosas ganas de rir e pasalo ben.

Non sabemos se alguén querrá contratarnos... Por se acaso, aquí deixamos as fotos, e se tedes algún traballiño para nós... pois igual podemos negociar....



8 feb 2013

Arrancamos coas celebracións do Entroido

Xa estamos de cheo no Entroido, e nós xa levamos un tempiño traballando nos preparativos.
Xa temos listos os nosos disfraces... o próximo luns celebraremos o noso baile de Entroido. Así que estades pendentes do blog, porque as fotos non terán desperdicio!!!!!

Ademáis, durante estas semanas pasadas estivemos moi atarefados decorando o centro co noso particular Meco, a sardiña que choraremos o mércores de cinza, e máscaras e caretas que ubicamos por todo o centro para axudarnos a ambientar esta colorida época do ano.

Por si non nos chegara con todo este traballo, tamén elaboramos os disfraces dos nenos e nenas do Programa Interxeracional.

Este ano os nenos/as decidiron ir vestidos de superhéroes, e, nós, que somos moi apañadiños, lles fixemos uns traxes ben xeitosos. Temos que dicir que eles colaboraron moito na confección e decoración do seu disfraz.

O resultado de todo este traballo o podedes ver nas seguintes fotos:


¡¡¡¡Pero que requeteguapos estaban os nosos superhéroes!!!!
Agora, despois de tantos traballos, toca desfrutar da festa: Nos próximos días bailaremos, nos disfrazaremos, comeremos lacón con grelos, ourellas de entroido que elaboraremos entre todos no centro, etc.

7 feb 2013

Un conto pola paz

O pasado venres 1 de febreiro tivemos no centro unha visita moi especial.
Un grupo de alumnos e alumnas do EEI Monte da Guía achegouse ó noso centro para facernos chegar parte dun traballo que fixeron para conmemorar o día da paz.


Este grupo de nenos e nenas contaronnos un precioso conto, "El Hombre de la Flor".
“EL HOMBRE DE LA FLOR” é un libro ilustrado “sen palabras” por MARK LUDY. Unha obra mestra moi apropiada para os tempos que estamos a vivir. Este encantador home, infúndenos esperanza e nos ensina a importancia das pequenas cousas.
Despois nos agasallaron cunhas fermosas flores feitas por eles na aula e que encheron o noso centro de ledicia.
 Aquí tedes o enlace ó video que fixeron para resumir todo este proceso, incluindo a visita ó noso centro.



Podedes visitar o blog do EEI Monte da Guía aquí:

http://bibliotegrinha.blogspot.com.es/2013/02/un-conto-pola-paz-el-hombre-de-la-flor.html#comment-form

1 feb 2013

O cumpreanos de Hajar


O pasado sábado Hajar celebrou o seu octavo cumpreanos.






Nós tivemos que esperar ata o martes para poder celebralo con ela.

Desta vez, preparamos unha tarta en forma de mariposa, que quedou preciosa.

Aquí tedes as fotos da tarde:



11 ene 2013

Moitas felicidades Abdennour!!!!!

Como sabedes, desde o Centro de Día e en colaboración co Plan Comunitario de Teis, levamos 4 anos desenvolvendo un programa interxeracional e intercultural, no que dúas tardes á semana un grupo de nenos e nenas de orixe estranxeira e residentes no barrio, se achegan ó centro para compartir cós maiores diferentes actividades.

Onte foi unha tarde especial porque celebrabamos o cumpreanos dun dos nenos, o pequeno Abdennour, que leva cón nós no programa desde o principio, e ó que queremos moito.

Abdennour cumpre hoxe 8 anos, e para festexalo decidimos prepararlle unha sorpresa, elaboramos un biscoito en forma de pez que decoramos con lacasitos e moito cariño, e que compartimos durante a merenda.

Aquí tedes as fotos da tarde:





¡¡¡Moitas felicidades!!!!

10 ene 2013

As nosas famosas galletas...

O pasado mes de decembro andivemos moi atarefados elaborando o agasallo que decidimos darvos a todos aqueles que vos achegastes a visitarnos...
Como os temas de cociña gustannos moito e ademais non se nos dan mal de todo, decidimos que este ano íamos facer galletas de manteiga para todos.
As fixemos acordes a época do ano, en forma de árbol de nadal e decoradas con glasé verde e virutas de cores.
E nos quedaron ben bonitas, ¿non si?


Como moitos de vos pediste a receita, aquí a deixamos:

Precisades:

Para a masa das galletas: 200 gr. de azucre, 300 gr. de manteiga, 2 ovos, e aproximadamente 600 gr. de fariña.
Para o glaseado: a clara dun ovo, zume de limón, 200 gr. de azucre glass e colorantes alimentarios.

Primeiro tedes que mesturar o azucre cos ovos nun bol e poñer a derretir a manteiga no microondas. Cando a manteiga estea branda, a incorporamos a mestura anterior e mesturamos ben.
Imos incorporando fariña pouco a pouco. Primeiro mesturamos coa varilla batidora e despois coas mans ata acadar unha masa que non se quede pegada nas mans.
Envolvemos en film plástico e deixamos repousar unha hora aproximadamente no frigorífico.
Pasado ese tempo, estiramos a masa, deixando un grosor de 0,50 cm aproximadamente e cortamos cun molde as galletas.

Colocamos no forno previamente quente, a 180º,  e deixamos cocer 10-15 minutos. O momento de retiralas é cando aínda teñamos sensación de que están medio crúas, se as facemos demasiado despois estarán duras...

Deixamos enfriar as galletas e preparamos o glaseado.
Montamos a clara de ovo case a punto de neve, pero sen chegar, engadimos o zume de medio limón, e imos incorporando pouco a pouca o azucre glass, mesturando ben. Temos que conseguir unha textura consistente.

Engadimos o tinte alimentario da cor que desexemos e... listo.
Tan só nos queda aplicar a masa por riba das galletas, decorar coas virutas de cores e deixar secar.

Non temos porque facer todo o proceso no mesmo día, as galletas conservanse estupendamente nunha lata de metal durante uns dous meses.

¿Algunha dúbida? Pois preguntade...

Aquí deixamos as fotos de todo o noso proceso: