26 nov 2012

O cumpreanos de Josefa

O venres voltou ser día de celebrar  cumpreanos polo Atalaia.
Desta ocasión, o día anterior fixemos un obradoiro de cociña, no que un grupo de usuarios, apoiados por Yoli, unha das nosas xerocultoras, elaboraron unha deliciosa tarta de chocolate e galleta.

E o venres pola tarde, todos xuntos, cantamos o cumpreanos feliz á nosa compañeira Josefa, entregamos o agasallo que preparamos e despois demos boa conta da tarta, da que non deixamos nin as migas...

Aquí tedes algunhas fotiños da tarde:



23 nov 2012

Polo San Martiño... trompos ó camiño. Magosto polo Atalaia

Esta semana estivemos moi atarefados polo centro preparando a festa do magosto...
Pasamos a semana traballando sobre as tradicións e costumes do magosto, lembranzo como o facía cadaquen nos seus tempos mozos, revisamos diferentes maneiras de preparar castañas, as súas propiedades culinarias, etc.


En resumo, que somos uns expertos no tema.

Tamén fixemos uns cestiños para servir as castañas o día da festa, que despois levamos para casa de recordo.

Aquí tedes as fotos do noso traballo:




Onte pola tarde foi a data escollida para a nosa festa, que compartimos cos nenos que desde O Plan Comunitario de Teis nos visitan tódolos martes e xoves pola tarde.

Organizamos unha tarde de xogos tradicionais, para despois merendar xuntos castañas cocidas e asadas.

¡¡¡Que ricas estaban!!!

Aquí tedes as fotos:

9 nov 2012

Cumpreanos cuns invitados moi especiais...

Onte, unha vez máis, estivemos de celebración.
Nesta ocasión foi o turno de Mª Luisa, Fino e Rosa.
E para celebralo tivemos unha visita moi especial, Hajar e Abdennour, os nenos que nos visitan tódolos martes e xoves polas tardes.
Aquí deixamos as fotos:

30 oct 2012

Feliz 87 cumpreanos Obdulia

O pasado domingo Obdulia cumpriu 87 aniños de nada...
Como é costume, nós non quixemos perder a oportunidade de celebralo con ela, polo que preparamos entre todos un agasallo e onte pola tarde sopramos con ela as velas.

¡¡¡Moitísimas felicidades!!!!

11 oct 2012

¿Quen coida ó coidador?

Nos chegou esta información que pensamos pode ser do voso interese.

Dende o SERGAS ofertan uns obradoiros gratuítos dirixidos a persoas que teñen ao seu coidado a dependentes .

Trátase de que o coidador desenrole habilidades para coidarse a sí mesmo, e aprenda a evitar situacións de estrés e desgastes innecesarios, que tan frecuentemente se dan nas persoas que coma vos, coidan de persoas dependentes.

Datas e lugar de realización dos obradoiros: 
Lugar: no Centro de saúde de Bembrive.
Días: 19 e 26 de outubro; 9,16,22 e 30 de novembro
Hora: de 10.00 a 12.00

Se algún de vos está interesado en participar ou coñece a alguén a quen lle poida ser útil, pode inscribirse no seu centro de saúde, ou enviando un mail ao seguinte enderezo electrónico: petraudana@hotmail.com, indicando o nome e idade da persoa coidadora, ademáis do nome da persoa dependente e o seu diagnóstico.

Os temas que se traballarán son os seguintes:

1ª Reunión: 19 de outubro
Aprendiendo a coidarnos para coidar

2ª Reunión: 26 de outubro
O papel do coidado no ámbito familiar. O papel do home e da muller

3ª Reunión: 9 de novembro
Dependencia e coidado. Necesidades do coidador. Coidando os espazos. Poñendo límites.

4ª Reunión: 16 de novembro
Envellecemento saudable e procesos de deterioro

5ª Reunión: 22 de novembro
¿Somos imprescindibles? Aprendendo a delegar

6ª Reunión: 30 de novembro
A saúde do coidador. Alternativas. Creando redes de apoio.

Teresa e María celebran connosco o seu cumpreanos

Onte voltou ser día de celebración.


Nesta ocasión tocou celebrar o cumpreanos de Tere, que cumpriu 71 anos o pasado día 6 e o de María, que celebraba o seu aniversario número 79.

 Aproveitamos para botar un baile, que os médicos din que é moi bo para todo e a nos gústanos moito...

 E desta ocasión estábamos moi traballadores, así que en lugar de encargar a tarta á pastelería, decidimos facela nós, que as facemos ben ricas... Yoli foi a encargada de axudarnos, e mirade que boa pinta tiñan:


Aquí deixamos as fotos da festiña:


Moitas felicidades compañeiras!!!!!

10 oct 2012

O noso novo proxecto chámase "Imos sementar"

Chegou o outono, e tras o parón estival para "recargar pilas", xa estamos de novo argallando cousas nas que "manternos ocupados", que xa sabedes que o de estar quietos non vai con nós.

E unha destas cousas novas nas que andamos é o que vos contamos hoxe.
Xa sabedes que en xeral, todo o que ten que ver co campo e a horticultura gustános moito moito.

É por iso que xa fai un par de anos que comezamos a cultivar unha pequena horta nos terreos do noso centro, que xa coñecedes ben.
Pero queríamos dar un paso máis, polo que pensamos que era unha pena que con todos os coñecementos que temos, non aproveitáramos para transmitilos ás novas xeracións.

E así nos lanzamos na nosa nova aventura. Puxémonos en contacto có CEP Santa Tegra, colexio co que xa colaboráramos en diferentes ocasións, e aceptaron encantados a nosa proposta.

E onte, aproveitando que a lúa estaba en menguante, achegámonos o cole para facer cos nenos do cuarto curso un semilleiro de cebolas.

Foi unha experiencia moi, pero que moi grata. Desfrutamos moitísimo con este grupo de nenos/as que estiveron en todo momento moi atentos e participativos. Temos que agradecer tamén o trato exquisito que recibimos por parte do profesorado do centro. Así da gusto traballar...

Aquí tedes as fotos da experiencia:




Agora os nenos e nenas de 4º son os encargados de coidar os semilleiros, esperando que medren para poder plantar as cebolas na nosa horta.
Nós seguiremos moi de preto todo o proceso, atentos a evolución e respondendo tódalas dúbidas que poidan xurdir...