13 nov 2015

Celebramos o Magosto

Estamos en novembro, tempo de frío e castañas, tempo de magostos.

Nós non perdemos ocasión para montar unha festa, así que aproveitando a época do ano, puxémonos mans a obra para celebrar un magosto "como dios manda".

O luns 9, día anterior a festa, puxémonos mans á obra, e picamos as castañas que íamos comer o día seguinte. Nesta tarefa involucrámonos todos, e aproveitando unha estupenda mañá de sol, saímos á terraza a traballar:





O martes 10, visitáronnos tres irmás castañeiras, Puriña, Manoliña e Maruxiña, que madrugaron moito ese día, e viñeron no Castromil desde o seu pobo, O Quinto Carballo, para asarnos as castañas. Unha delas viña preñada e todo, e logo descubriredes o que nos pasou con ela.
Aquí presentámosvos as nosas castañeiras:


Estas tres mulleres traballaron a reo, asaron castañas, chourizos, fixeron queimada e trouxeron viño da casa para que a nosa festa fose un gran éxito:



E efectivamente, a festa foi un gran éxito, comimos castañas a rebentar, e que ricos estaban eses chouriciños:




E claro, despois de tanto comer e beber había que baixar todo aquilo, así que veña a bailar todos xuntos....



E cando a festa xa estaba a piques de rematar... menudo susto... a Puriña rompeu augas e púxosenos de parto.... Menos mal que entre nosos usuarios tiñamos experimentadas comadronas e todo ssaiu moi ben:


Foi un día fantástico, onde rimos, comimos, bailamos e pasámolo estupendamente todos xuntos.

Moitas gracias as castañeiras por todo e.... con respecto o de cobrar... vaian vostedes a falar cós de Santiago e a ver se teñen sorte...


O día a día no noso centro

Ultimamente non contamos moito do que facemos no centro, así que hoxe imos aproveitar para contarvos como son algunhas das actividades que ocupan o noso día a día a través de imaxes.

Comezamos cun dos moitos obradoiros de cociña que facemos. Desta vez un pequeno grupo de usuarios elaboraron unha deliciosa crema de cabaza, aproveitando os foitos da nosa pequena horta.
Como case todos somos moi "cocinillas", procuramos ir alternando ás persoas que participan nestes obradoiros. Nesta ocasión estos foron os encargados:

Tamén temos sesiones de estimulación cognitiva baseada no método Montessori, dúas veces por semana, destinada especialmente para aqueles usuarios/as cun deterioro cognitivo máis importante:

O coidado das plantas é algo que nos encanta, por iso cada certo tempo adicamos unha mañá a limpar, abonar e mimar as plantas que temos repartidas por todo o centro. Desta vez tocoulle o turno ás macetas das terrazas superiores:

Outras veces facemos actividades de tipo máis oral, para estimular a linguaxe, a memoria, o razoamento, etc. Nestas fotos podedes ver a Ana, a psicóloga do centro nunha actividade grupal traballando con adiviñas.


Parabens Rosa e Ramón

Nesta ocasión temos que felicitar a dous dos nosos/as usuarios/as polo seu cumpreanos.
ROSA
RAMÓN


¡¡¡¡¡Moitas felicicidades ós dous!!!!

22 oct 2015

As nosas útimas celebracións

Estes últimos meses celebramos, como é costume, os aniversarios dos nosos usuarios/as.

Os homenaxeados destes meses:

 Carmen



Lito

María
Marina


María 



Mª Luisa y Tere






Retomamos o noso blog

Sabemos que levamos bastante tempo sen publicar nada, os meses de verán sempre son complexos e se o unimos a circuntancias do máis variado que foron acontecendo durante este tempo pois...

O caso é que estamos aquí de novo, e durante todo este tempo nós seguimos traballando, e desfrutando moito do verán, da terraza e dos foitos da nosa horta.
Tamén aproveitamos para saír a pasear, ir á festa... Despois de tanto tempo sen dar señais de vida, retomamos as nosas publicacións cun resumo dalgunha das nosas tarefas durante estes meses.

En primeiro lugar deixamos as fotos da festa de A Guía, alá pola primeira semana de agosto:


Tamén saímos a pasear en diferentes ocasións pola praia de A Punta, como podedes ver nestas fotos:


Aquí deixamos algunha foto deses días de verán que pasamos na terraza, tomando o sol, paseando e desfrutando do bo tempo.


Pero non todo foi troula estes meses, tamén tivemos ocasión de traballar, entre outras cousas, elaborando deliciosas receitas cos fritos da nosa pequena horta. Entre outras cousas fixemos cremas de cabaciño, cremas de cabaza, pementos asados ó forno, marmelo, ensaladas de tomate, tartas, etc... Aquí podedes ver algunha mostra:


30 jun 2015

Polo San Xoán... festa rachada

A semana pasada celebramos no centro unha desas festas cheas de crenzas e tradicións que tanto nos gustan: O San Xoán.
Comezamos a véspera, o 23, cunha visita moi especial, dúas meigas da nosa terra estiveron no centro para prepararnos para a máxica noite de San Xoán cos diferentes rituais vinculados as herbas, a auga, o lume...
Preparamos o cacho, queimamos na fogueira os nosos desexos, a saltamos, preparamos unha queimada e pasamolo de morte...
O día 24 pola mañá lavamos a cara coa auga de San Xoán, e preparamos unha ensalada cos primeiros froitos da nosa horta (leitugas, tomates e cebolas) que acompañaron a unhas deliciosas sardiñas asadas e un exquisito pan de millo. Rico, rico de verdade, e o postre... uhmmm, un delicioso flan caseiro.
Como podedes imaxinar, ese día chupamos os dedos.
Aquí podedes ver unha pequena mostra en imaxes do que deu de si esta festa en Atalaia:

8 jun 2015

Cruzamos o charco e.... Visitamos Cangas

O pasado venres día 5 de xuño realizamos unha actividade que xa empeza a ser tradición no noso centro... A travesía en barco pola nosa ría ata o concello de Cangas.

Na estación marítima esperánbannos os nosos amigos da asociación Alborada, que nos acompañaron para poder desfrutar da saída con total seguridade e comodidade.

A súa compañía sempre é moi grata, son uns rapaces e rapazas moi agradables e atentos.

Ás 11:30 puxemos rumbo ó noso destino, e como o bo tempo acompañounos en todo momento puidemos desfrutar dun agradable paseo pola Alameda de Cangas.

Alí, aproveitando que era día de feira, uns aproveitaron para visitar os diferentes postos do mercadillo e comprar algunha prenda de roupa para ir á moda este verán, outros quedaron no parque biosaludable facendo algo de exercicio, e outros simplemente se adicaron a pasear e charlar.

A comida a fixemos no Centro Social, que cedeunos as instalacións, e alí compartimos todos xuntos, maiores, voluntarios e traballadores do centro un agradable xantar.

Pero como todo o bo remata, chegou a hora de voltar, polo que collimos de novo o transporte de ría, e cansos de tanto traxín voltamos cadaquen a súa casa para descansar durante a fin de semana, e con moitas ganas de poder repetir...

Pero mira que nos gusta viaxar!!!!!!!

Aquí podedes ver algunha das fotos que fixemos da nosa viaxe: