31 dic 2015

A nosa tradicional visita ós Belens de Afundación

O pasado 22 de decembro, voltamos repetir unha desas actividades que tanto nos gusta, a visita á exposición de Beléns de Afundación. Fomos, como outras veces, acompañados polos nosos amigos e amigas da Asociación Alborada.

Despois da visita cumprimos todos xuntos con outra tradición que nos encanta, ir a tomar un chocolate con churros nunha famosa cafetería da cidade.

As fotos falan por si soas do ben que o pasamos, así que aquí volas deixamos:

29 dic 2015

Feliz 2.016

O 2.015 está a piques de rematar, e queremos desexarvos en feliz ano novo a todos os que seguides as nosas andanzas.
Estes días estamos a facer repaso de todo o que deu de si este 2.015, e queremos compartilo con todos vós. Por iso preparamos este vídeo onde podedes ver algúns dos mellores momentos.

Esperamos que vos guste!!!!!






17 dic 2015

E onte... É o turno dos peques da escola infantil municipal

Seguimos coas visitas. Onte foi o turno dos máis peques, que prepararon unha preciosa panxoliña e un baile.

Nós aproveitamos para ensinarlles algunha das moitas panxoliñas que sabemos e xuntos pasámolo estupendamente.

Podedes ver aquí as fotos da xornada:




16 dic 2015

O CEP Santa Tegra felicítanos as festas con panxoliñas de Nadal.

Estamos no mes de Nadal, época de compartir cos nosos os nosos mellores desexos.
É por isto que estes días estamos a recibir polo centro a visita de moitos dos amigos e amigas cós que compartimos ó longo de todo o ano actividades moi diversas, para desexarnos un bo nadal.
 Onte foi o turno do alumnado do CEP Santa Tegra, en concreto das clases de 1º, 2º e 3º de primaria, que se achegaron ó centro para compartir con nós un concerto de panxoliñas que estiveron preparando con moito agarimo para nós.
Aquí deixamos as fotos da fantástica xornada:

Obradoiro de Nadal cos amigos/as do EEI Monte da Guía

O pasado venres tivemos polo centro unha visita moi especial. A clase de 5 anos do EEI Monte da Guía, acompañados poloas profes Elena e Rafa achegáronse para compartir con nós unha actividade preciosa que deixou unha fermosa árbore de nadal adornando a nosa galería.


Comezamos a xornada co saúdo entre nenos/as e maiores, e as presentacións nos que aínda non nos coñecíamos.


Unha vez feito isto, xa nos metimos de cheo en materia. Divididos por parellas (neno/a e maior), os nenos/as debuxaron nun folio a man do seu maior, para despois recortala. Tamén decoramos xuntos uns preciosos corazóns que encheron a nosa árbore de amor.


Despois de todo este traballo, chegou o momento de montar e decorar a árbore. Nas fotos podedes ver todo o proceso e o fermoso resultado:


13 nov 2015

Celebramos o Magosto

Estamos en novembro, tempo de frío e castañas, tempo de magostos.

Nós non perdemos ocasión para montar unha festa, así que aproveitando a época do ano, puxémonos mans a obra para celebrar un magosto "como dios manda".

O luns 9, día anterior a festa, puxémonos mans á obra, e picamos as castañas que íamos comer o día seguinte. Nesta tarefa involucrámonos todos, e aproveitando unha estupenda mañá de sol, saímos á terraza a traballar:





O martes 10, visitáronnos tres irmás castañeiras, Puriña, Manoliña e Maruxiña, que madrugaron moito ese día, e viñeron no Castromil desde o seu pobo, O Quinto Carballo, para asarnos as castañas. Unha delas viña preñada e todo, e logo descubriredes o que nos pasou con ela.
Aquí presentámosvos as nosas castañeiras:


Estas tres mulleres traballaron a reo, asaron castañas, chourizos, fixeron queimada e trouxeron viño da casa para que a nosa festa fose un gran éxito:



E efectivamente, a festa foi un gran éxito, comimos castañas a rebentar, e que ricos estaban eses chouriciños:




E claro, despois de tanto comer e beber había que baixar todo aquilo, así que veña a bailar todos xuntos....



E cando a festa xa estaba a piques de rematar... menudo susto... a Puriña rompeu augas e púxosenos de parto.... Menos mal que entre nosos usuarios tiñamos experimentadas comadronas e todo ssaiu moi ben:


Foi un día fantástico, onde rimos, comimos, bailamos e pasámolo estupendamente todos xuntos.

Moitas gracias as castañeiras por todo e.... con respecto o de cobrar... vaian vostedes a falar cós de Santiago e a ver se teñen sorte...


O día a día no noso centro

Ultimamente non contamos moito do que facemos no centro, así que hoxe imos aproveitar para contarvos como son algunhas das actividades que ocupan o noso día a día a través de imaxes.

Comezamos cun dos moitos obradoiros de cociña que facemos. Desta vez un pequeno grupo de usuarios elaboraron unha deliciosa crema de cabaza, aproveitando os foitos da nosa pequena horta.
Como case todos somos moi "cocinillas", procuramos ir alternando ás persoas que participan nestes obradoiros. Nesta ocasión estos foron os encargados:

Tamén temos sesiones de estimulación cognitiva baseada no método Montessori, dúas veces por semana, destinada especialmente para aqueles usuarios/as cun deterioro cognitivo máis importante:

O coidado das plantas é algo que nos encanta, por iso cada certo tempo adicamos unha mañá a limpar, abonar e mimar as plantas que temos repartidas por todo o centro. Desta vez tocoulle o turno ás macetas das terrazas superiores:

Outras veces facemos actividades de tipo máis oral, para estimular a linguaxe, a memoria, o razoamento, etc. Nestas fotos podedes ver a Ana, a psicóloga do centro nunha actividade grupal traballando con adiviñas.