6 jul 2016

Coñecendo o porto de Vigo por dentro

O pasado 30 de xuño tivemos a oportunidade de achegarnos ó porto de Vigo e coñecer por dentro o seu funcionamento.

Empezamos cun percorrido polas lonxas de baixura e de altura, e quedamos abraiados de como cambiou todo desde que os nosos usuarios/as as frecuentaban. Coñecimos á parella de aguias que se encargan de ter ás gaivotas á raia nos momentos de descarga do peixe, ás que puidemos incluso tocar.

Despois achégamonos ata o muelle de Bouzas para coñecer polo miudo o proceso de carga dos coches nos barcos. IMPRESIONANTE, e rematamos na zona de Guixar coñecendo como se xestiona o transporte de mercadorías nos contenedores.

Foi un percorrido tremendamente educativo, onde aprendimos un montón de cousas moi interesantes. Absolutamente recomendable. Aquí tedes algunhas fotos desta xornada:



ENLACE DIRECTO ÁS FOTOS

5 jul 2016

Celebramos San Xoán

O pasado 23 de xuño tivemos no centro unha desas celebracións que tanto nos gustan: o San Xoán.

Contamos coa visita dunha parella de "BRUXAS" acompañadas polo seu aprendiz, e con eles repasamos as principais tradicións para pasar a noite máis curta do ano "en condicións": preparamos os ramos de herbas para elaborar a auga de San Xoán, explicamos a importancia de satar a fogueira, de saltar as ondas do mar, etc.

Ademais preparamos unha queirmada para espantar tódolos males e comimos xuntos unhas deliciosas sardiñas con pan de millo. Aproveitamos para bailar e bailar, e pásamolo estupendamente, tal e como podedes ver nestas fotos:




ENLACE DIRECTO ÁS FOTOS

Teatro a cargo do alumnado de 6º curso do CEP Santa Tegra de Teis

O pasado 17 de xuño recibimos unha visita estupenda no centro.

O alumnado de 6º curso do CEP Santa Tegra achegouse ó noso centro para representar unha divertidísima obra de teatro que arrincounos máis dunha carcaxada.

Estes rapaces e rapazas o fixeron estupendamente, e como peche da súa actuación, bailaron unha estupenda coreografía o son do grande Michael Jackson.

Aquí tedes as fotos da xornada:

ENLACE DIRECTO ÁS FOTOS

30 may 2016

Traballando na horta con 5º de Primaria do CEP Santa Tegra

O pasado xoves día 26 de maio compartimos a mañá co alumnado de 5º do CEP Santa Tegra de Teis traballando na nosa horta.

Foi unha mañá intensa de traballo, arrincando malas herbas, removendo a terra, abonando, plantando, regando...

Os nenos e nenas foron uns excelentes aprendices de agricultores, e traballaron a reo.

Agora toca coidar a plantación e esperar a que as nosas plantiñas medren e den os seus froitos.

Mirade nas fotos que fixemos o moito que traballamos:
ENLACE DIRECTO ÁS FOTOS

12 may 2016

Chegan os maios a Atalaia


Comezou o mes de maio, o mes das flores. Como cada ano por estas datas, celebramos a Festa dos Maios coa construción dun maio e o ensaio de cantigas e danzas tradicionais.
O pasado luns 9 de maio celebramos a nosa propia festa no centro, construindo o noso maio. 
Este ano, a asociación de comerciantes de Teis pediron da nosa colaboración, para elaborar un maio que estará exposto, xunto cós maios de outros centros do barrio, nas rúas que rodean o mercado de Teis ó longo de toda a semana. Se tedes ocasión, invitámosvos a que vos acheguedes a visitar a exposición. O noso está ubicado na parte alta da rúa Sanjurjo Badía.
Neste enlace, podedes ver a reseña que Faro de Vigo fixo desta actividade:
NOTICIA NO FARO DE VIGO 

Aquí deixamos o enlace ás fotos que amosan o proceso de construcción do noso maio:


Moitas gracias a tódalas familias pola vosa axuda á hora de traernos flores!!!!!! 
ENLACE DIRECTO ÁS FOTOS 

3 may 2016

Atalaia e Alborada coñecen xuntas a historia da industria conserveira da nosa cidade.

O pasado martes 26 de abril achegámonos ata o precioso museo que ANFACO ten nas súas instalacións do CUVI, e dan man de Marina, a persoa que acompañou a nosa visita, aprendimos uns e lembramos outros, a historia da industria conserveira da nosa cidade.

Resultou unha actividade preciosa que deixou moi bo sabor de boca entre todos os asistentes:

Gracias Manuel G. Vicente polas fotos.
ENLACE DIRECTO ÁS FOTOS

29 abr 2016

29 de abril: Dia Eurpoeo da Solidariedade Interxeracional


Hoxe, 29 de abril, celébrase o día europeo da Solidariedade entre xeracións.

Desde Atalaia experimentamos en repetidas ocasións os múltiples beneficios que teñen para tódolas persoas implicadas o desenvolver actividades compartidas con persoas de idades diferentes.





É por este motivo que aparece como unha das nosas liñas fundamentais de traballo.

De feito, esta semana tivemos unha visita do alumnado de 6º de Educación Infantil do EI Monte da Guía, co que compartimos un bingo moi especial.

As persoas maiores adoptaron o rol de "mestres" para axudar os pequenos/as a reforzar o coñecemento dos números, que con tanto esmero estiveron aprendendo nas aulas nos últimos meses.

Ademais trouxeronnos diferentes agasallos que prepararon para nós, coa idea de adornar o noso centro de flores de primavera.

E rematamos o xogo compartido degustando uns bombóns que a profe Elena trouxo para todos.

Aquí podedes ver fotos da xornada:


Aínda que si sodes seguidores do noso blogue, sabedes que esta é só unha de moitas, peo aproveitando que hoxe celébrase a solidariedade entre xeracións, queremos agradecer ó equipo docente do EI Monte da Guía ese fantástico traballo que fan, permitíndonos compartir con eles estes momentos tan especiais que sempre nos deixan tan bo sabor de boca.

ENLACE DIRECTO ÁS FOTOS