6 jun 2019

Celebramos os maios e participamos na Feira "Somos Arte"

O mes de maio é o mes das flores, mes de numerosas celebracións, entre elas os maios, que xa son tradición no noso centro.
Desde fai moitos anos, construímos un maio e participamos en diferentes actos do barrio compartindo as nosas tradicións e saberes cos veciños e veciñas de Teis.
Este ano contamos coa colaboración da Asociación Alborada para facer a recolección do fiuncho e das flores coas que armar o noso maio, actividade que compartimos.
Neste enlace podedes ver máis fotos da montaxe do maio deste ano:
PREME AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS


Ao día seguinte trasladamos o noso maio ata as instalacións do Centro Sociocomunitario de Teis, onde participamos na Feira do social "Somos Arte", convidados polo Colexio San José de la Guía, xunto con outras entidades, e compartimos unha xornada de festa e convivencia da que desfrutamos moitísimo.

A pesares da calor sofocante, non faltou a música, os cantares, o baile e as ganas de pasalo ben.

Podedes ver máis fotos da xornada neste enlace:
PREME AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS

6 may 2019

Os venres, tarde de bingo

Hoxe queremos contarvos unha das nosas actividades preferidas, que acostumamos repetir os venres pola tarde, o bingo.



Como podedes ver nas fotografías, é unha actividade moi concurrida, á que se apuntan a maioría dos maiores... será polos premios?????

ENLACE ÁS FOTOS

Manuel cumple 94 anos

94!!!!! Nada menos!!!!

O 23 de abril estivemos de celebración no centro, e non era para menos, 94 primaveras non se cumpren tódolos días.

Non faltaron a tarta, as felicitacións e os agasallos


Que sexan moitos máis Manuel!!!!

ENLACE ÁS FOTOS

Imos á Misa de Luns de Pascua á capela de A Guía

O pasado luns 22 de abril, luns de Pascua, aproveitando que a capela da Guía estaba aberta, fumos ata alí un grupo de persoas usuarias do centro para escoitar a misa de 12:00.


Esta actividade xa é unha tradición no centro, que gusta moito aos nosos usuarios/as.

ENLACE ÁS FOTOS


4 abr 2019

Recibimos a visita do Mago Cali grazas á Fundación Abracadabra

Onte tivemos no centro unha visita moi especial e pola que nos sentimos moi agradecidas e agradecidos... O Mago Cali achegouse ao centro para presentarnos o seu fantástico espectáculo de maxia.



Foi unha sesión chea de sorrisos e trucos de maxia que nos deixaron a todos e todas coa boca aberta, como ben podedes apreciar nestas marabillosas fotos que fixo da xornada o noso bo amigo Manuel G. Vicente.

MIRA AQUI TODAS AS FOTOS DA SESIÓN

21 mar 2019

Tere... dez anos con nós

Este mes tivemos unha celebración moi, pero que moi especial...




































A nosa usuaria máis veterana no centro celebrou o seu décimo aniversario no centro, dez anos con nós... case nada
E como non podía ser de outra maneira, non deixamos de celebralo



Aínda parece que foi onte cando abrimos as portas do noso centro, e xa pasaron 11 anos...
Desde aqueles primeiros usuarios/as que abriron con nós o centro pasaron moitísimas cousas, sendo Tere o testimonio de como formamos unha gran familia, e a pesares de tódolos cambios, aquí seguimos, traballando día a día.

Para rendir homenaxe aos 10 anos de Tere en Atalaia deixamos unha pequena presentación dalgún dos numerosos momentos que temos compartido:


Por outros dez anos igual de fantásticos...

12 mar 2019

Baile de Entroido 2019

Como ben sabedes, o pasado martes 5 de marzo foi martes de entroido, e nós celebramos o día organizando no centro un gran baile no que nos transformamos en grandes artistas e dimos renda solta a todas as nosas cualidades musicais... que non son poucas...

Comezamos a mañá coas sesións de vestiario e maquillaxe, para pasar despois á zona de baile.


Desta vez temos que pedirvos desculpas, porque estivemos tan concentrados na festa que fixemos poucas fotos e de baixa calidade...

Pero algunha foto si que podedes ver neste enlace:
FOTOS DO BAILE DE ENTROIDO 2019