6 jun 2019

Celebramos os maios e participamos na Feira "Somos Arte"

O mes de maio é o mes das flores, mes de numerosas celebracións, entre elas os maios, que xa son tradición no noso centro.
Desde fai moitos anos, construímos un maio e participamos en diferentes actos do barrio compartindo as nosas tradicións e saberes cos veciños e veciñas de Teis.
Este ano contamos coa colaboración da Asociación Alborada para facer a recolección do fiuncho e das flores coas que armar o noso maio, actividade que compartimos.
Neste enlace podedes ver máis fotos da montaxe do maio deste ano:
PREME AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS


Ao día seguinte trasladamos o noso maio ata as instalacións do Centro Sociocomunitario de Teis, onde participamos na Feira do social "Somos Arte", convidados polo Colexio San José de la Guía, xunto con outras entidades, e compartimos unha xornada de festa e convivencia da que desfrutamos moitísimo.

A pesares da calor sofocante, non faltou a música, os cantares, o baile e as ganas de pasalo ben.

Podedes ver máis fotos da xornada neste enlace:
PREME AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario