16 may 2013

Os maios en Atalaia

Ao final o tempo estropeounos os plans, polo que finalmente tivemos que cancelar a nosa saída ao mercado de Teis para celebrar a festa coa veciñanza.
É unha auténtica lástima, pero contra a meteroloxía non hai nada que facer...

Así que decidimos alterar un pouco os plans e aproveitando que o mércores todavía facía sol, apuramos a confección do noso maio (xa tiñemos todo o traballo moi adiantado), e o sacamos á nosa fermosa terraza para poder cantarlle como di a tradición.

Finalmente quedou nunha festiña moi familiar, entre nós, pero chea de color e alegría.
Como proba, aquí tedes as fotos:


1 comentario:

  1. Que bonito é o maio. Aquí vos deixamos un poema dos maios para compartir con todos e todas vos:
    Maio mansiño Polo maio verde
    maio largueiro polo verde maio
    gárdame un soño nas roseiras novas
    no teu mantelo. prenden os abrazos.
    Saúdos, a familia de Carmen Salgado

    ResponderEliminar