3 jul 2013

Fin de curso do Programa Interxeracional

O pasado xoves 27 de xuño mulleres, nenos/as e maiores despedimos xuntos o curso cunha pequena festa, na que compartimos música, baile e gastronomía de diferentes paises do mundo (España, Marrocos, Senegal e Rumanía entre outros).

As mulleres participantes no programa de alfabetización recibiron de parte dos mestres os seus diplomas como recoñecemento ao intenso traballo realizado durante todo o curso, mentres que os nenos e nenas recibiron os seus diplomas de mans dos maiores, que foron os encargados de coidalos e de compartir actividades moi diversas durante os nove meses de curso escolar.

Desta vez a calidade das imaxes non é moi boa, pedimos desculpas por isto.






Nós nos despedimos cun ata pronto, porque en outubro retomaremos este programa que tantas satisfaccións nos aporta. ¡¡¡Feliz verán a todos/as!!!!

1 comentario:

  1. Que guapas estades todas! que mágoa non poder rematar este proxecto convosco, apertas e bo verán!!

    María.

    ResponderEliminar