24 jul 2013

Hoxe tocounos... cociñar

Sabedes que temos unha pequena horta ecolóxica no noso centro que coidamos con moito esmero ao longo de todo o ano. E eses coidados dan os seus froitos. Desta vez uns fermosos cabaciños e unhas cebolas preciosas.

Como premio ao noso traballo, decidimos poñernos a cociñar para preparar unha deliciosa e sá crema de cabaciño.

Empezamos pola mañá cedo, Lito achegouse a horta a recolectar, para logo, entre Carmen Santos e María limpar e pelar as cebolas e lavar os cabaciños.

Victoria, Quina e Carmiña foron as encargadas de trocear as verduras e botalas na pota a cocer. Trituramos todo ben e despois, todos xuntos, degustamos o resultado.

Uhhhhhmmmm!!!!! Para chuparse os dedos...





E en breve atacaremos as nosas leitugas que xa están listas para recolectar...

1 comentario:

  1. Menudos cabaciños máis lustrosos e qué cebolas de campionato! con esa materia prima e esas mans expertas como poucas nas artes culinarias xa me imaxinaba eu que saería unha crema con tan boa pinta e tan rica rica como decides, pena non estar na proba!!
    Ademáis xa probarei eu a facela coa pel do cabaciño, que sempre lla tiro.

    bicos grandes e a seguir coidando da hortiña

    Marga

    ResponderEliminar