O pasado luns 30 de decembro tivemos no noso centro unha xornada moi especial en compañía das familias dos nosos usuarios/as.
Supuso unha oportunidade fantástica para coñecer as familias dos usuarios que se incorporaron ó centro fai pouco tempo, e saudar ás máis veteranas.
Durante as semanas previas estivemos traballando a reo elaborando un agasallo moi especial, un calendario do 2.014 totalmente personalizado de cada un dos nosos usuarios.
Compartimos un conto que nos axudou a reflexionar, compartimos algunhas panxoliñas, un puco de baile e rematamos facendo un brinde todos xuntos.
Aquí tedes as fantásticas fotos que Manuel G. Vicente, fotográfo amigo da casa, sacou de toda a xornada:
No hay comentarios:
Publicar un comentario