29 ene 2014

Preparativos de Entroido

Xa queda pouquiño para o Entroido!!!.

E como nós somos moi festeiros e festeiras, imos celebralo como se merece, cumprindo escrupulosamente as nosas tradicións: comeremos cocido, ourellas elaboradas entre todos e todas, prepararemos disfraces, organizaremos un gran baile, e sobre todo, pasarémolo requete ben.

 Temos por diante uns días cheos de tarefas e enredos cos preparativos do baile de Entroido, que celebraremos o martes de entroido, día 4 de marzo.

Despois dun intenso debate e duras deliberacións, xa por fin temos escollida a temática deste ano. Imos adicar o Entroido do 2.014 o marabilloso e máxico MUNDO DO CIRCO

Xa estamos preparando o noso disfraz, e para isto precisamos da vosa valiosísima colaboración. Aquí tedes un enlace onde podedes ver fotografías de posibles disfraces que poden servirnos de "inspiración":

POSIBLES IDEAS DE DISFRACES

A idea é non ter que comprar nada, senón que aproveitaríamos as roupas que de seguro que todos temos por casa. É moi importante darlle un toque divertido ó noso disfraz, pólo que os complementos teñen un papel moi relevante: necesitamos pelucas, gafas, gorros, postizos ou calquera outro elemento que se vos ocurra e que teñades na casa.

Para facilitar a organización dos disfraces, é moi importante que nos fagades chegar canto antes todo o que nos podades aportar, e, en todo caso, antes do martes 25 de febreiro. Se tedes calquera dúbida, podedes chamar ó centro.

 Cada usuario pode elexir aquel disfraz que máis lle apeteza e que menos dificultades vos plantexe á hora de buscar os diferentes elementos que o compoñen.

Recordade que non é preciso comprar nada, senón que a idea é aproveitar as cousas que temos por casa (disfraces qua xa tiñamos, pantalóns ou saias de cores chamativas, pañoletas, sombreiros, paxaras, corbatas,  tirantes, por exemplo) e empregar a imaxinación.

Asimesmo, completaríamos os disfraces con elementos propios do Entroido (pelucas, gafas, postizos, barrigas, etc.) para darlle un toque máis divertido e propio destas datas.



Agradecemos moito a vosa axuda e colaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario