Acompañados por un día de calor abrasador, desde Atalaia collimos os nosos petates e puxemos rumbo a Cangas.
A primeira hora da mañá estabamos na estación de ría preparados para coller o barco. Pero non fumos sós. Desta volta contamos coa axuda dun grupo de mozos/as voluntarios/as da Asociación Alborada, que nos acompañaron durante todo o traxecto, e sen os cales esta viaxe non sería posible.
A viaxe no barco foi moi agradable e tranquila. Ó chegar ó porto de Cangas, achegámosnos paseando tranquilamente a Alameda, onde atopámonos coa banda de música "Brisas do Mar de Meaño" que tivo a amabilidade de adicarnos unhas pezas moi animadas.
Tamén deunos tempo a dar un paseo polos postos da feira, e algunha incluso probou "modelitos".
Comemos todos xuntos nas instalacións do Centro Social de Cangas, que o concello cedeunos desinteresadamente, e na sobremesa aproveitamos para facer algo de festa, con cante e baile.
Pasámolo estupendamente, pero chegamos de volta a Vigo cansos de verdade. De feito, algún de nós aínda chegou ó centro o luns con "resaca".
Foi unha desas experiencias que nos deixan moi bo sabor de boca e que desexamos poder repetir pronto.
Aquí tedes algunhas das fotos que fixemos da xornada:
Hola, soy José, del centro Alborada. Aunque ya ha pasado un tiempo desde la excursión quería decir que fue un día muy agradable en vuestra compañía. Un saludo.
ResponderEliminar