25 jun 2014

Celebrando San Xoán

Estes días en Atalaia estivemos de festa. Raro ¿verdade? Nesta ocasión celebramos o San Xoán.
Empezamos o luns, coa visita de dúas "Meigas" que se achegaron ó noso centro para lembrarnos todo o que tiñamos que facer para pasar esta noite máxica de "xeito proveitoso".

Fixemos ramiños coas herbas do San Xoán, encendimos unha fogueira na que queimamos todo o malo das nosas vidas, algúns valentes saltamos a fogueira para "espantar o demo", cantamos, bailamos e fixemos unha queimada...
Aquí tedes as fotos:

O Martes, lavamos a cara coa auga máxica de San Xoán e despois, tal e como manda a tradición, demos boa conta dunhas deliciosas sardiñas: ¡¡¡¡Rico, riquísimo!!!!!!!

1 comentario:

  1. Dúas meigas moi guapas! e mais que quedarían despóis de lavar a cara coa auga de San Xoan....as sardiñas cunha pinta estupenda! quen as pillara! Noraboa polo entusiasmo que poñedes no traballo diario! unha aperta grande

    Marga Recondo

    ResponderEliminar