2 jul 2014

Fedellando na cociña

Onte foi día de meternos na cociña e poñernos a traballar.

Desde o centro de día procuramos ofrecer ós nosos usuarios actividades que resulten significativas, próximas á súa cotidianeidade, e partir de ahí traballamos a estimulación cognitiva e psicomotora, entre outras moitas cousas.

Aproveitando que a nosa pequena horta está empezando a dar froitos, cos preciosos cabaciños que temos, un pequeno grupo de usuarias do centro púxose mans á obra para cociñar para todos unha deliciosa crema de cabaciño.

Nas fotos podedes ver o proceso do noso traballo, do que daremos boa conta hoxe á hora da comida:


Pena que non poidades probala, porque quedounos para chupar os dedos.

2 comentarios:

  1. Pois sí, a pena é nosa que non saboreamos esa estupenda crema de cabaciño, que ten moito traballo detrás e moito cariño así que tiña que saber de rechupete!! nin o Arguiñano!!
    Marga

    ResponderEliminar
  2. GUAPA MI MADRE, MIRA QUE COCINERA MAS CHULA UN ABRAZO MUY FUERTE DESDE PANAMA DE TU HIJO ISAAC TU NUERA Y TUS NIETOS. UNA BESAZO. CUIDARLA MUCHO GRACIAS

    ResponderEliminar