Onte voltou ser día de celebración, e nesta ocasión os homenaxeados foron os nosos compañeiros Benedicto e Carmen.
Comezamos cun obradoiro de repostería, no que as nosas cociñeiras Mª Luisa e Victoria elaboraron coa axuda da nosa compañeira María esta deliciosa tarta de crema de turrón que podedes ver nas imaxes:
Despois de tan excelente traballo, os homenaxeados sopraron as velas e todos xuntos degustamos esta maravilla de tarta.
E como non, nos faltou un pequeno agasallo para cada un dos homenaxeados do día.
Aquí deixamos algunha das fotos da xornada:
No hay comentarios:
Publicar un comentario