O venres tivemos unha actividade desas que nos encantan e que ano tras ano repetimos.
Respostando unha vez máis á invitación do EEI Monte da Guía, e acompañados por parte do alumnado do CEP Santa Tegra, un grupo bastante numeroso de usuarios /as achegámonos ás instalacións do centro educativo para traballar conxuntamente nos diferentes obradoiros que había preparados.
Foi un traballo intenso e compartido entre nenos/as, maiores, profes, nais e pais, traballadores do CAPM, etc.
Como todo traballo ben feito sempre ten a súa recompensa, unha vez rematado o noso maio e os diferentes murais conmemorativos, adicamos un rato a merendar, cantar, bailar e escoitar o son das gaitas.
Pasámolo estupendamente, tal e como podedes observar nas fotos que fixemos da xornada:
No hay comentarios:
Publicar un comentario