A finalidade do proxecto foi tecer relacións, aprendizaxes, complicidades e colaboracións, avanzando na construción dunha obra común.
Nesta proposta participaron numerosas entidades, nenos e nenas da cidade, veciños dos diferentes barrios, maiores,
artesáns, artistas, colectivos sociais, convertíndose nunha gran obra colectiva de todos os vigueses y viguesas.
A nosa participación consistiu na elaboración dun tecido, para o cal eleximos a técnica dos telares de lá, no que traballamos no centro durante un par de semanas.
O pasado 13 de xuño estábamos convocados no Paseo de Alfonso para levar a nosa peza e unila ao resto el resto da obra para dar forma e concluír a obra final.
Foi unha xornada lúdica con actuacións de diferentes colectivos e actividades varias.
Nesta ocasión, desplazámonos un pequeno grupo de usuarias en representación de todo o centro.
Aquí podedes ver as marabillosas fotos que fixo da xornada o fotógrafo amigo Manuel G. Vicente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario