19 dic 2012

Xa se respira espíritu de nadal polo centro de día...

Levamos un tempo no que non publicamos novas no noso blog.
Non pensedes que é porque non temos nada que contar, pero é que estamos tan atarefados ultimamente cós preparativos das festas de Nadal que non nos queda tempo para escribir...
Para que vos fagades unha idea, vos achegamos a programación de actividades que estamos a desenvolver.

Levamos todo o mes de decembro traballando en diferentes obradoiros:
 
Fixemos os adornos para a nosa a árbore, montamos o tradicional belén, colocamos decoración navideña pola casa, fixemos algún centro de mesa, elaboramos postais de nadal para felicitar ós amigos, ensaiamos panxoliñas,  cociñamos galletas navideñas…, en resumo, estamos traballando a reo.

Ademais destes obradoiros, esta semana iniciamos un programa de visitas e saídas varias:

O venres 14 de decembro visitounos o Paxe Real para recoller as nosas peticións para SS.MM. Os Reis Magos de Oriente.

O Luns 17 de decembro  os alumno/as de 4º, 5º e 6º do CEP Santa Tegra de Teis representaron unha obra de teatro no noso centro.

Para o xoves 20 de decembro esperamos a xa tradicional visita dos nenos e nenas da Escola Municipal Infantil "Atalaia" de Teis, cos que compartiremos panxoliñas e intercambiaremos agasallos.

Será o venres 21 de decembro cando nos visiten un grupo de alumnos do Centro de Educación Ifantil Monte da Guía para celebrar connosco o "Día da solidariedade"

O luns 24 de decembro celebraremos xuntos a Noiteboa cunha  comida especial de Nadal. Recordade que ese día o centro pecha 1 hora e media antes do habitual.

O mércores 26  de decembro celebraremos xuntos unha misa especial de Nadal no Centro de Día

O xoves 27  de decembro será o momento de compartir con vós, as familias, un brinde navideño cargado de sorpresas que levamos unhas semanas preparando. Non faltedes, empezaremos a partir das 11:00 da mañá.

O Luns 31 de decembro é día de despedir o ano 2.012 e preparar a entrada do 2.013. Temos organizada unha comida especial de Fin de Ano e un ensaio das uvas da sorte

Para o xoves 3 de xaneiro organizamos unha saída para visitar a exposición de Beléns de NovaGalicia Banco

E o Venres 4 de xaneiro remataremos a celebración das festas de nadal coa visita de SS.MM. Os Reis Magos de Oriente, unha comida especial de Reis e de merenda, chocolate con Roscón de Reis.

Podedes ver que non vos enganábamos cando vos diciamos que estamos moi atarefados... pouco a pouco iremos subindo fotos das distintas actividades...

Estade atentos ó noso blog....








26 nov 2012

O cumpreanos de Josefa

O venres voltou ser día de celebrar  cumpreanos polo Atalaia.
Desta ocasión, o día anterior fixemos un obradoiro de cociña, no que un grupo de usuarios, apoiados por Yoli, unha das nosas xerocultoras, elaboraron unha deliciosa tarta de chocolate e galleta.

E o venres pola tarde, todos xuntos, cantamos o cumpreanos feliz á nosa compañeira Josefa, entregamos o agasallo que preparamos e despois demos boa conta da tarta, da que non deixamos nin as migas...

Aquí tedes algunhas fotiños da tarde:



23 nov 2012

Polo San Martiño... trompos ó camiño. Magosto polo Atalaia

Esta semana estivemos moi atarefados polo centro preparando a festa do magosto...
Pasamos a semana traballando sobre as tradicións e costumes do magosto, lembranzo como o facía cadaquen nos seus tempos mozos, revisamos diferentes maneiras de preparar castañas, as súas propiedades culinarias, etc.


En resumo, que somos uns expertos no tema.

Tamén fixemos uns cestiños para servir as castañas o día da festa, que despois levamos para casa de recordo.

Aquí tedes as fotos do noso traballo:




Onte pola tarde foi a data escollida para a nosa festa, que compartimos cos nenos que desde O Plan Comunitario de Teis nos visitan tódolos martes e xoves pola tarde.

Organizamos unha tarde de xogos tradicionais, para despois merendar xuntos castañas cocidas e asadas.

¡¡¡Que ricas estaban!!!

Aquí tedes as fotos:

9 nov 2012

Cumpreanos cuns invitados moi especiais...

Onte, unha vez máis, estivemos de celebración.
Nesta ocasión foi o turno de Mª Luisa, Fino e Rosa.
E para celebralo tivemos unha visita moi especial, Hajar e Abdennour, os nenos que nos visitan tódolos martes e xoves polas tardes.
Aquí deixamos as fotos:

30 oct 2012

Feliz 87 cumpreanos Obdulia

O pasado domingo Obdulia cumpriu 87 aniños de nada...
Como é costume, nós non quixemos perder a oportunidade de celebralo con ela, polo que preparamos entre todos un agasallo e onte pola tarde sopramos con ela as velas.

¡¡¡Moitísimas felicidades!!!!

11 oct 2012

¿Quen coida ó coidador?

Nos chegou esta información que pensamos pode ser do voso interese.

Dende o SERGAS ofertan uns obradoiros gratuítos dirixidos a persoas que teñen ao seu coidado a dependentes .

Trátase de que o coidador desenrole habilidades para coidarse a sí mesmo, e aprenda a evitar situacións de estrés e desgastes innecesarios, que tan frecuentemente se dan nas persoas que coma vos, coidan de persoas dependentes.

Datas e lugar de realización dos obradoiros: 
Lugar: no Centro de saúde de Bembrive.
Días: 19 e 26 de outubro; 9,16,22 e 30 de novembro
Hora: de 10.00 a 12.00

Se algún de vos está interesado en participar ou coñece a alguén a quen lle poida ser útil, pode inscribirse no seu centro de saúde, ou enviando un mail ao seguinte enderezo electrónico: petraudana@hotmail.com, indicando o nome e idade da persoa coidadora, ademáis do nome da persoa dependente e o seu diagnóstico.

Os temas que se traballarán son os seguintes:

1ª Reunión: 19 de outubro
Aprendiendo a coidarnos para coidar

2ª Reunión: 26 de outubro
O papel do coidado no ámbito familiar. O papel do home e da muller

3ª Reunión: 9 de novembro
Dependencia e coidado. Necesidades do coidador. Coidando os espazos. Poñendo límites.

4ª Reunión: 16 de novembro
Envellecemento saudable e procesos de deterioro

5ª Reunión: 22 de novembro
¿Somos imprescindibles? Aprendendo a delegar

6ª Reunión: 30 de novembro
A saúde do coidador. Alternativas. Creando redes de apoio.

Teresa e María celebran connosco o seu cumpreanos

Onte voltou ser día de celebración.


Nesta ocasión tocou celebrar o cumpreanos de Tere, que cumpriu 71 anos o pasado día 6 e o de María, que celebraba o seu aniversario número 79.

 Aproveitamos para botar un baile, que os médicos din que é moi bo para todo e a nos gústanos moito...

 E desta ocasión estábamos moi traballadores, así que en lugar de encargar a tarta á pastelería, decidimos facela nós, que as facemos ben ricas... Yoli foi a encargada de axudarnos, e mirade que boa pinta tiñan:


Aquí deixamos as fotos da festiña:


Moitas felicidades compañeiras!!!!!