7 ene 2013

O día 4 recibimos a visita de SS.MM. Os Reis Magos de Oriente

Como prometimos, estamos publicando as fotos das distintas actividades desenvolvidas durante estas festas.

Agora vos deixamos as fotos da visita tan especial que tivemos o venres 4 de xaneiro. As SS.MM. Os Reis Magos fixeron un oco na súa apretada axenda nestes días e compartiron con nós un ratiño para recoller as nosas peticións... entre elas un ordenador para as clases de informática, que non sabemos se finalmente chegará...

As fotos non teñen desperdicio, mirade que Reis máis guapos:



Nenos e nenas dos coles do barrio nos visitan durante o Nadal

Rematadas as festas, chega o momento de recapitular o que estas deron de si, que non foi pouco...

 Hoxe queremos contarvos as diferentes visitas dos nenos e nenas de centros educativos do barrio que quixeron achegarse para feliciarnos as festas e compartir con nós momentos moi entrañables.

Comezamos o luns 17 decembro coa visita dos alumnos/as do CEP Santa Tegra de Teis, que se achegaron ó noso centro para representar unha obra de teatro que ensaiaron durante as clases de relixión, e que nos arrincou máis dun sorriso.

Con estes nenos e nenas da clase de 4º temos unha relación moi especial e regular, xa que son os nosos pupilos na arte de cultivar cebolas.

Aproveitaron a sús visita para coñecer a nosa horta, na que dentro dunhas semanas plantarán os semilleiros de cebolas que levan meses coidando de xeito exemplar. Aquí tedes as fotos da xornada:




Na mesma semana, o xoves día 20, recibimos a visita dos nenos e nenas da clase de 2-3 anos da Escola Infantil Municipal Atalaia, ubicada nos sotos do noso edificio.

Esta é unha visita que nos encanta e que recibimos tódolos anos por estas datas. Os pequenos se achegan ó centro para compartir con nós panxoliñas, e aproveitamos para facer un intercambio de agasallos.

Este ano  recibimos un precioso adorno para o centro cunha foto de tódolos nenos.

Nós lles fixemos entrega das deliciosas galletas en forma de árbol de nadal que elaboramos con tanto cariño.

Aquí tedes algunhas fotos:





E na mesma semana, o venres, recibimos a visita dunha representación de 20 nenos e nenas  de 3, 4 e 5 anos do Colexio de Educación Infantil "Monte da Guía" que se achegaron para celebrar o Día da Solidariedade.

Prepararon un precioso árbol de Nadal que presidiu a  galería do noso centro durante todas a as festas.

Para eles tamén tivemos as nosas xa famosas galletas.

Podedes ver aquí as fotos da xornada:
Moitas gracias a tod@s por vir e vós esperamos pronto!!!!!

4 ene 2013

Brindamos coas familias para recibir o ano novo

Xa estamos rematando as festas, e canto deron de si...

Temos moito que contar e moitas fotos que ensinar, pero tedes que ter un pouco de paciencia, pouco a pouco, ó longo dos próximos días, iremos subindo as fotos de todo o que fixemos.

Hoxe empezamos por contarvos o tradicional brinde coas familias que celebramos no centro o pasado xoves 27 de decembro.

Foi unha xornada moi emotiva, na que fixemos a estrea oficial do video coa nosa felicitacion de nadal, tamén entregamos o agasallo que elaboramos este ano, compartimos panxoliñas, e brindamos con cava e sidra por un 2.013 cheo de felicidade.

Aquí tedes as fotos da xornada:



27 dic 2012

Ahí vai a nosa felicitación de Nadal...

Entre outras cousas, estes días andivemos atarefados grabando este pequeno video, co obxectivo de faceros chegar a todos, familiares, amigos e coñecidos, os nosos mellores desexos para este 2.013 que estamos a piques de comezar.


 Esperamos que vos guste:


 

19 dic 2012

Xa se respira espíritu de nadal polo centro de día...

Levamos un tempo no que non publicamos novas no noso blog.
Non pensedes que é porque non temos nada que contar, pero é que estamos tan atarefados ultimamente cós preparativos das festas de Nadal que non nos queda tempo para escribir...
Para que vos fagades unha idea, vos achegamos a programación de actividades que estamos a desenvolver.

Levamos todo o mes de decembro traballando en diferentes obradoiros:
 
Fixemos os adornos para a nosa a árbore, montamos o tradicional belén, colocamos decoración navideña pola casa, fixemos algún centro de mesa, elaboramos postais de nadal para felicitar ós amigos, ensaiamos panxoliñas,  cociñamos galletas navideñas…, en resumo, estamos traballando a reo.

Ademais destes obradoiros, esta semana iniciamos un programa de visitas e saídas varias:

O venres 14 de decembro visitounos o Paxe Real para recoller as nosas peticións para SS.MM. Os Reis Magos de Oriente.

O Luns 17 de decembro  os alumno/as de 4º, 5º e 6º do CEP Santa Tegra de Teis representaron unha obra de teatro no noso centro.

Para o xoves 20 de decembro esperamos a xa tradicional visita dos nenos e nenas da Escola Municipal Infantil "Atalaia" de Teis, cos que compartiremos panxoliñas e intercambiaremos agasallos.

Será o venres 21 de decembro cando nos visiten un grupo de alumnos do Centro de Educación Ifantil Monte da Guía para celebrar connosco o "Día da solidariedade"

O luns 24 de decembro celebraremos xuntos a Noiteboa cunha  comida especial de Nadal. Recordade que ese día o centro pecha 1 hora e media antes do habitual.

O mércores 26  de decembro celebraremos xuntos unha misa especial de Nadal no Centro de Día

O xoves 27  de decembro será o momento de compartir con vós, as familias, un brinde navideño cargado de sorpresas que levamos unhas semanas preparando. Non faltedes, empezaremos a partir das 11:00 da mañá.

O Luns 31 de decembro é día de despedir o ano 2.012 e preparar a entrada do 2.013. Temos organizada unha comida especial de Fin de Ano e un ensaio das uvas da sorte

Para o xoves 3 de xaneiro organizamos unha saída para visitar a exposición de Beléns de NovaGalicia Banco

E o Venres 4 de xaneiro remataremos a celebración das festas de nadal coa visita de SS.MM. Os Reis Magos de Oriente, unha comida especial de Reis e de merenda, chocolate con Roscón de Reis.

Podedes ver que non vos enganábamos cando vos diciamos que estamos moi atarefados... pouco a pouco iremos subindo fotos das distintas actividades...

Estade atentos ó noso blog....








26 nov 2012

O cumpreanos de Josefa

O venres voltou ser día de celebrar  cumpreanos polo Atalaia.
Desta ocasión, o día anterior fixemos un obradoiro de cociña, no que un grupo de usuarios, apoiados por Yoli, unha das nosas xerocultoras, elaboraron unha deliciosa tarta de chocolate e galleta.

E o venres pola tarde, todos xuntos, cantamos o cumpreanos feliz á nosa compañeira Josefa, entregamos o agasallo que preparamos e despois demos boa conta da tarta, da que non deixamos nin as migas...

Aquí tedes algunhas fotiños da tarde:



23 nov 2012

Polo San Martiño... trompos ó camiño. Magosto polo Atalaia

Esta semana estivemos moi atarefados polo centro preparando a festa do magosto...
Pasamos a semana traballando sobre as tradicións e costumes do magosto, lembranzo como o facía cadaquen nos seus tempos mozos, revisamos diferentes maneiras de preparar castañas, as súas propiedades culinarias, etc.


En resumo, que somos uns expertos no tema.

Tamén fixemos uns cestiños para servir as castañas o día da festa, que despois levamos para casa de recordo.

Aquí tedes as fotos do noso traballo:




Onte pola tarde foi a data escollida para a nosa festa, que compartimos cos nenos que desde O Plan Comunitario de Teis nos visitan tódolos martes e xoves pola tarde.

Organizamos unha tarde de xogos tradicionais, para despois merendar xuntos castañas cocidas e asadas.

¡¡¡Que ricas estaban!!!

Aquí tedes as fotos: