O pasado venres 14 de xuño tivemos unha actividade moi especial, desas que deixan pegada.
Como recompensa a todo o traballo desenvolto polos maiores durante o longo inverno, organizamos unha saída de día completo ao Concello de Cangas con paseo en barco incluido.
E non o fixemos sós. Contamos coa impagable axuda dun grupo de voluntarios da Asociación Alborada, que nos acompañou durante toda a a xornada e fixeron posible que os maiores estivesen acompañados en todo momento e puidesen disfrutar do paseo con total seguridade.
A xornada deu moito de sí. Empezamos co paseo no transporte de ría que collimos no porto de Vigo, para desembarcar en Cangas. Alí aproveitamos para pasear e curiosear polos postos do mercado e tamén para facer algo de exercicio no parque biosaludable da alameda.
Comimos no centro social de Cangas, nas instalacións que o Concello cedeunos desinteresadamente. Despois da estupenda comida, liamos un pouco de festa, xa sabedes como somos, con música e baile.
Foi unha xornada fantástica, desas que non se olvidan con facilidade. Por iso temos que dicir GRAZAS a tódalas persoas que o fixéstedes posible. Nós xa estamos traballando na seguinte...
E como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí tedes as máis de 200 fotos seleccionadas (aínda temos moitas máis) que o noso bo amigo Manuel G. Vicente fixo de toda a xornada.
Esperamos que as disfrutedes: