23 ago 2013

Desfrutando dos productos da nosa pequena horta

Estamos en pleno mes de agosto, un mes "diferente", a calor, as vacacións, uns que veñen, outros que van,... Pero agosto tamén é o mes no que podemos desfrutar de todo o que o campo nos da, despois de moitos meses de traballo, coidados e dedicación.


Nestas semanas xa tivemos oportunidade de comer leitugas, xudías, cabaciños. Os nosos pementos están en plena producción, temos uns tomates preciosos que xa empezan a madurar, unhas fermosas berenxenas, remolachas que medran a moi bo ritmo, etc.
 
 Os profesionais do Centro de día Atalaia creemos firmemente na potencialidade terapéutica e educativa do traballo co cotiá, polo que aproveitamos calquera oportunidade para ofrecer actividades significativas que reforcen actitudes participativas e se traballen as capacidades que cada un dos maiores ten.

Asimesmo, o traballo co cotiá potencia o sentimento de fogar que lle queremos dar ó noso centro. O coidado da horta, con todo o que esta actividade supón, nos ofrece múltiples oportunidades de traballo nesta liña, e por iso a actividade diaria destas semanas está moi centrada na horta e o desfrute dos productos que esta nos está a ofrecer.

Como exemplo de actividade, achegamos as fotos dos diferentes obradoiros que estamos a desenvolver estes días, e nos que participan os nosos maiores en función das súas capacidades e intereses. Obradoiro de mermelada de mora (aproveitando os silvais que temos nunha parte dos terreos):



Tamén temos varios perais na finca, cunhas deliciosas peras que aproveitamos para elaborar diferentes receitas. Desta vez foi mermelada, para a próxima será compota:

Outro dos obradoiros desenvolvidos nestes días foi o da preparación de pementos para a súa posterior degustación. Uns foron a horta a recollelos, outros se encargaron de lavalos ben e trocealos, uns poucos estiveron na cociña fritindo e todos, na hora da comida, demos boa conta deles.
 ¡¡¡Pero que ben saben as cousiñas que cultivamos!!!


Ademais destas actividades, continuamos con outras liñas de traballo, favorecendo o movemento e a actividade física, a estimulación e desenvolvemento das capacidades cognitivas así como a actividade relacional. Todo dentro dun marco adaptado a climatoloxía e as necesidades e intereses dos nosos usuarios.

 Como exemplo, a sesión de xerontoximnasia de onte:

22 ago 2013

A Guía de festa e nós... tamén

O pasado 5 de agosto celebrouse o día grande das Festas da Guía, e nós, como non perdemos unha oportunidade de pasalo ben alá fumos, á carballeira da Guía a escoitar a misa maior e botar un baile. O pasamos de medo. Aquí tedes as fotos da xornada:

24 jul 2013

Hoxe tocounos... cociñar

Sabedes que temos unha pequena horta ecolóxica no noso centro que coidamos con moito esmero ao longo de todo o ano. E eses coidados dan os seus froitos. Desta vez uns fermosos cabaciños e unhas cebolas preciosas.

Como premio ao noso traballo, decidimos poñernos a cociñar para preparar unha deliciosa e sá crema de cabaciño.

Empezamos pola mañá cedo, Lito achegouse a horta a recolectar, para logo, entre Carmen Santos e María limpar e pelar as cebolas e lavar os cabaciños.

Victoria, Quina e Carmiña foron as encargadas de trocear as verduras e botalas na pota a cocer. Trituramos todo ben e despois, todos xuntos, degustamos o resultado.

Uhhhhhmmmm!!!!! Para chuparse os dedos...





E en breve atacaremos as nosas leitugas que xa están listas para recolectar...

12 jul 2013

De paseo pola praia da Punta


Onte, despois de moitos días de calor abafante, o día amenceu con moita néboa. Pero nós que non nos asustamos por nada, decidimos aproveitar a mañá e ir a pasear polo barrio.

 Desta vez achegámonos á preciosa praia da Punta, onde adicamos un tempo a facer algo de exercicio no parque biosaludable e despois camiñamos polo paseo admirando as fermosas vistas da nosa ría unha vez que a néboa decidiu levantar.

Aquí tedes as fotos da xornada:

8 jul 2013

Preparando compota de mazá

A pesar da calor destes días, que levamos como podemos, non deixamos de facer cousas.
Desta vez, aproveitamos o fresco da sombra da terraza para pelar e cortar mazás coas que facer unha riquísima compota.

Aquí tedes as fotos:


Ata sempre... Ramiro

Acostumamos a empregar este espacio virtual para contarvos as cousas que facemos, sobre todo aquelas que nos resultan máis divertidas...

Pero hoxe é un día distinto, hoxe os nosos corazóns están tristes porque o noso bo amigo Ramiro deixounos.


Queremos aproveitar este espacio para rendirlle homenaxe.

Non te olvidaremos. Foi un verdadeiro pracer compartir contigo tantos momentos especiais...

Ata sempre, amigo.

3 jul 2013

Aprendendo que é iso do Tai Chi

Onte, os nosos amigos da asociación Alborada achegáronse polo noso centro de día para compartir con nós unha sesión de introducción ao Tai Chi.
Seguimos moi atentos as explicacións de Julio, o encargado de dirixir a sesión, e fixemos os exercicios que nos foi propoñendo.
Gustounos tanto que a próxima semana repetiremos.

 Aquí tedes as fotos da sesión de onte:



Gracias Alborada por esta bonita experiencia!!!!