17 jun 2014

De excursión en barco a Cangas con Alborada

O pasado venres foi unha data moi especial.
Acompañados por un día de calor abrasador, desde Atalaia collimos os nosos petates e puxemos rumbo a Cangas.

A primeira hora da mañá estabamos na estación de ría preparados para coller o barco. Pero non fumos sós. Desta volta contamos coa axuda dun grupo de mozos/as voluntarios/as da Asociación Alborada, que nos acompañaron durante todo o traxecto, e sen os cales esta viaxe non sería posible.


A viaxe no barco foi moi agradable e tranquila. Ó chegar ó porto de Cangas, achegámosnos paseando tranquilamente a Alameda, onde atopámonos coa banda de música "Brisas do Mar de Meaño" que tivo a amabilidade de adicarnos unhas pezas moi animadas.

Tamén deunos tempo a dar un paseo polos postos da feira, e algunha incluso probou "modelitos".

Comemos todos xuntos nas instalacións do Centro Social de Cangas, que o concello cedeunos desinteresadamente, e na sobremesa aproveitamos para facer algo de festa, con cante e baile.

Pasámolo estupendamente, pero chegamos de volta a Vigo cansos de verdade. De feito, algún de nós aínda chegou ó centro o luns con "resaca".
 Foi unha desas experiencias que nos deixan moi bo sabor de boca e que desexamos poder repetir pronto.

Aquí tedes algunhas das fotos que fixemos da xornada:

12 jun 2014

Atalaia de Feria de Abril... no mes de xuño

Esta semana tivemos unha actividade especial.

Aproveitando que unha das nosas compañeiras estivo estes días atrás de vacacións por terras andaluzas, trouxo de alá o kit completo (traxe, castañolas, abanico, alegría, salero, etc.) e encheu o noso centro de cor e arte anadaluza.

Como podedes ver nas fotos, o pasamos estupendamente e estabamos todos requeteguapos:

6 jun 2014

A nosa horta da os seus primeiros froitos

Onte, por fin, puidemos degustar os primeiros froitos da tempada.

As nosas primeiras leitugas xa están listas para consumir...



Así que a primeira hora da mañá, Lito e Victoria achegáronse a horta a recolectar algúns pés, que despois María Barreno, Carmiña e Isita limparon con moito esmero mentres Secundina, Lito e Carmen R. Rey ocupabánse dos tomates (estes si eran do supermercado).



Entre todos fixemos unhas deliciosas ensaladas.

Unha vez rematadas chegou a hora de recoller e limpar para poñer as mesas e proceder a degustalas todos xuntos.



Aquí deixamos as fotos de todo o proceso para que poidades vernos:





4 jun 2014

En Xuño... María Barreno

Aquí vos deixamos as fotos da celebración do cumpreanos da nosa compañeira María, que o luns celebrou os 78.
Recibiu moi emocionada o agasallo que con tanto cariño preparamos para ela.


 Parabens María e que cumpras moitos máis!!!!!!

3 jun 2014

Nenos/as e maiores traballamos a nosa horta

Como podedes ver nas nosas últimas publicacións do blog, nestas últimas datas estamos traballando moito cos diferentes centros educativos que temos na nosa zona.
O traballo conxunto de nenos/as e maiores ten efectos moi positivos para ambos, que comparten experiencias, saberes,...

Desta vez, invitamos ós alumnos/as de 4º curso do CEP Santa Tegra para que compartisen con nós unha xornada de traballo na nosa horta.

Viñeron con moitas ganas de aprender e moi dispostos a axudarnos a poñer a horta a punto. Por iso hoxe nós, os maiores, asumimos un papel máis de mestres e supervisores mentres os nenos/as fixeron gran parte do traballo.


Divididos en dous grupos, os nenos/as aprenderon e experimentaron como hai que cavar a terra, limparon boa parte das malas herbas que atoparon no terreo, abonaron o campo, rastrillaron, etc.

Pero tamén tivemos tempo para plantar. Desta vez plantamos leitugas, incluidas as que coidaron os nenos/as na aula despois da actividade que compartimos en abril no seu cole para aprender a elaborar un semilleiro.

Tamén plantamos pementos, repolos, e acelgas, que se suman os tomates, leitugas, cabaciños e pementos que xa temos plantados na horta desde hai un tempiño e que pronto empezarán a dar os seus froitos.

Ó rematar regamos todo ben, e agora só nos queda esperar que medren moito para poder desfrutar das mesmas.

Ter a estes rapaces tan traballadores e cheos de enerxía por aquí esta mañá supuxo unha gran axuda para nós, xa que nunha soa xornada de traballo deixaron a nosa horta estupenda, limpiña e ben preparada.

Aquí tedes as fotos do que deu de si esta fantástica xornada:



29 may 2014

Compartindo saberes co alumnado do CEP Santa Tegra

O mércores 28 de maio tivemos no centro de día unha actividade moi especial.

Recibimos a visita dos alumnos/as de 6º curso de primaria do CEP Santa Tegra, que viñeron ó noso centro cunha misión moi concreta, recoller música e letra de cantigas tradicionais galegas, para poder incluilas dentro do proxecto que están a desenvolver de recompilación da tradición oral da nosa terra.

Acudiron a nós por dous motivos. Os maiores coñecen moitísimas cantigas, polo que os nosos usuarios/as eran unha fonte moi rica para poder recoller. Ademais, eles tiñan as letras de algunhas cantigas que recolleron na web, pero das que descoñecían a música.

Profesores do centro educativo e profesionais do Centro de día organizamos un encontro para que os nenos/as puidesen achegarse ós maiores e compartir con eles os seus saberes en canto a este tema.

E o resultado foi estupendo. Pasamos xuntos unha xornada moi agradable, na que tamén traballamos moito. Despois de adicar un tempo as presentacións, os nenos/as foron lendo as letras que tiñan recollidas pero das que descoñecían a música e os maiores fóronas cantando. Tamén adicamos un tempiño a ensinarlles algunhas cantigas festeiras, que cantamos xuntos acompañados por instrumentos de percusión que tocamos todos xuntos.

Con tanta algarabía houbo quen se atreveu a botar un baile e todo.

Nas fotos que fixemos da xornada podedes ver o ben que o pasamos, ó tempo que traballamos a reo.

Moitas gracias a estes mozos/as por vir e facernos pasar un rato tan agradable lembrando cantares da nosa mocidade ó tempo que axudábamos no seu traballo escolar.


19 may 2014

Recibimos a visita do Señor Obispo

O pasado venres pola mañá, en Atalaia recibimos unha visita moi especial e algo inesperada, o Obispo da nosa diócese.

Foi unha visita informal, na que o Obispo amosouse moi cercano e pasou un rato longo con nós, charlando cos maiores de temas moi diversos.
Aproveitamos para facernos unha foto todos xuntos de recordo desta visita.