O pasado venres día 5 de xuño realizamos unha actividade que xa empeza a ser tradición no noso centro... A travesía en barco pola nosa ría ata o concello de Cangas.
Na estación marítima esperánbannos os nosos amigos da asociación Alborada, que nos acompañaron para poder desfrutar da saída con total seguridade e comodidade.
A súa compañía sempre é moi grata, son uns rapaces e rapazas moi agradables e atentos.
Ás 11:30 puxemos rumbo ó noso destino, e como o bo tempo acompañounos en todo momento puidemos desfrutar dun agradable paseo pola Alameda de Cangas.
Alí, aproveitando que era día de feira, uns aproveitaron para visitar os diferentes postos do mercadillo e comprar algunha prenda de roupa para ir á moda este verán, outros quedaron no parque biosaludable facendo algo de exercicio, e outros simplemente se adicaron a pasear e charlar.
A comida a fixemos no Centro Social, que cedeunos as instalacións, e alí compartimos todos xuntos, maiores, voluntarios e traballadores do centro un agradable xantar.
Pero como todo o bo remata, chegou a hora de voltar, polo que collimos de novo o transporte de ría, e cansos de tanto traxín voltamos cadaquen a súa casa para descansar durante a fin de semana, e con moitas ganas de poder repetir...
Pero mira que nos gusta viaxar!!!!!!!
Aquí podedes ver algunha das fotos que fixemos da nosa viaxe: