Onte pasamolo bomba compartindo unha actividade co grupo de alumnos/as de 2-3 anos da escola infantil municipal Atalaia.
Estes cativos plantaron nun bote de iogurt unha semente de tomate cada un, e despois de coidala con moito esmero na aula, onte achegáronse á nosa horta para transplantar a súan plantiña nun anaco da nosa pequena horta que os maiores lles prepararon con moito cariño.
Un a un, foron colocando a súa plantiña no burato e despois regaron con moito coidado, sempre moi tutelados por un grupo de maiores. Aproveitaron para visitar a nosa horta e coñecer un pouco máis de onde saen as verduras que comen cada día no comedor do cole.
Como anécdota divertida, contarvos que tiñamos xa un tomatiño precioso nunha das nosas tomateiras, e unha das rapazas non puido resistir a tentación e arrincouno... Mercedes, Victoria e Mª Luisa non puideron reñila, tiña unha cara de anxeliño..., así que non puidemos facer outra cousa que botarnos a rir cando pescamos a todos tentando darlle un bocado a aquel tomatiño verde que se convertira no pequeno tesouro dos nenos/as.
Esperamos que esta actividade os anime a probar as verduras e aprecialas máis, pero cando estean ben maduras!!!!!!!!!
Aquí podedes ver algunha das fotos da xornada:
No hay comentarios:
Publicar un comentario