3 sept 2019

Festa de verán en Atalaia

Despois dun tempo en obras, por fin remataron o tellado, polo que de novo puidemos saír a desfrutar da nosa fantástica terraza.

Para celebralo, organizamos unha gran festa de verán, con moita música, baile e ganas de pasalo ben...

Podedes ver nas fotos que foi unha celebración do máis divertida, chea de color e alegría.


Todos quedamos con ganas de repetir pronto...

Todas as fotos aquí: FESTA DE VERÁN 2019

28 ago 2019

Atalaia vai de festa

Ben sabedes que somos moi festeiros, e sempre que temos oportunidade, alá imos...

A principios de agosto celebráronse as Festas de A Guía, e o luns 5 de agosto achegámonos á Carballeira para asistir a Misa Maior, e mercar unhas rosquillas.


Supuso unha actividade estupenda para saúdar á xente do barrio e lembrar as diferentes tradicións  sobre esta festa.

Pasámolo estupendamente, tal e como podedes ver nas fotos:
FESTAS DA GUÍA

Obradoiros de cociña en Atalaia

Cociñar é unha actividade que gusta moito a case todas ás persoas usuarias do noso centro, e sempre que facemos unha proposta deste tipo sobran voluntarios para colaborar.
Nos últimos meses fixemos dous obradoiros de cociña no centro, nun elaboramos unhas deliciosas empanadillas de froitas e noutro cociñamos unha riquísima crema de cabaciño, grazas a un agasallo que recibimos no centro.

Para facer as empanadillas equipámonos coma profesionais e puxémonos coas mans na masa.
Podedes ver algunhas fotos premendo neste enlace:
FOTOS EMPANADILLAS


Para facer a crema de cabaciño, metímonos na cociña, lavamos ben e cortamos todas as verduras para poñelas a cocer. Quedou deliciosa!!!! Pena que non poidades probala...


Probala non, pero podedes ver máis fotos aquí: CREMA DE CABACIÑO

17 jun 2019

Participamos na Intervención Artística "Enredando na Rúa"

Fai uns días participamos, convidados por  APAMP , na súa terceira Intervención Artística: “Enredando na Rúa”, colaborando na construción dunha gran rede  que cubriu a praza do Paseo de Alfonso  XII de Vigo.
A finalidade do proxecto foi tecer relacións, aprendizaxes, complicidades e colaboracións, avanzando na construción dunha obra común.

Nesta proposta participaron numerosas entidades, nenos e nenas da cidade,  veciños dos diferentes barrios, maiores, artesáns, artistas, colectivos sociais,  convertíndose nunha gran obra colectiva de todos os vigueses y viguesas.
A nosa participación consistiu na elaboración dun tecido, para o cal eleximos a técnica dos telares de lá, no que traballamos no centro durante un par de semanas.
O pasado 13 de xuño estábamos convocados no Paseo de Alfonso para levar a nosa peza e unila ao resto el resto da obra para dar forma e  concluír a obra final.
Foi unha xornada lúdica con actuacións  de diferentes colectivos e actividades varias.

Nesta ocasión, desplazámonos un pequeno grupo de usuarias en representación de todo o centro.

Aquí podedes ver as marabillosas fotos que fixo da xornada o fotógrafo amigo Manuel G. Vicente:



6 jun 2019

Xogamos ao bingo co alumnado da EI Monte da Guía

O pasado 22 de maio participamos nunha actividade que nos encanta, que puidemos compartir có alumnado de 6º de infantil da EI Monte da Guía.

Despois de que estes nenos e nenas pasasen o curso aprendendo os números, achegáronse a visitarnos no centro e pedíronnos que lles ensinásemos a xogar ao bingo, co obxectivo de afianzar os seus coñecementos numéricos de xeito lúdico e divertido.


E nós, que nos encantan os nenos e as nenas, pois felices de poder axudarlles compartindo unha actividade que nos encanta e que practicamos case tódalas semanas: o bingo.

As fotos falan por si mesmas, neste enlace podedes velas:

PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS

Celebramos os maios e participamos na Feira "Somos Arte"

O mes de maio é o mes das flores, mes de numerosas celebracións, entre elas os maios, que xa son tradición no noso centro.
Desde fai moitos anos, construímos un maio e participamos en diferentes actos do barrio compartindo as nosas tradicións e saberes cos veciños e veciñas de Teis.
Este ano contamos coa colaboración da Asociación Alborada para facer a recolección do fiuncho e das flores coas que armar o noso maio, actividade que compartimos.
Neste enlace podedes ver máis fotos da montaxe do maio deste ano:
PREME AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS


Ao día seguinte trasladamos o noso maio ata as instalacións do Centro Sociocomunitario de Teis, onde participamos na Feira do social "Somos Arte", convidados polo Colexio San José de la Guía, xunto con outras entidades, e compartimos unha xornada de festa e convivencia da que desfrutamos moitísimo.

A pesares da calor sofocante, non faltou a música, os cantares, o baile e as ganas de pasalo ben.

Podedes ver máis fotos da xornada neste enlace:
PREME AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS

6 may 2019

Os venres, tarde de bingo

Hoxe queremos contarvos unha das nosas actividades preferidas, que acostumamos repetir os venres pola tarde, o bingo.



Como podedes ver nas fotografías, é unha actividade moi concurrida, á que se apuntan a maioría dos maiores... será polos premios?????

ENLACE ÁS FOTOS