Maio é o mes das flores, e como ven sendo tradición no noso centro, é o mes de celebrar os Maios.
Empezamos coas celebracións o pasado venres día 10, compartindo co alumnado do CEI Monte da Guía unha xornada na que os maiores de Atalaia explicaron aos nenos e nenas as tradicións máis importantes con respecto a esta festa, compartindo danzas e cantigas tradicionais, xogos e confidencias.
Tamén se achegaron un grupo de alumnos/as do CEP Santa Tegra.
Resultou unha xornada moi divertida, con moito traballo pero tamén con tempo de troula.
Podedes ver as fotos aquí:
Vese que disfrutáchedes dabondo coa troula pero tamén co traballo compartido. E o señor maio quedou verdaderamente preciosísimo con ese solazo iluminando todo dende o cumio.
ResponderEliminarAs cariñas das nenas e nenos e tamén das persoas adultas reflexan o ben que sentan estos encontros!!
Sei que hai moito traballo detrás e por eso vos dou a noraboa. Que sigades con esa ilusión e ánimo, sodes un EQUIPAZO!!
Marga