Onte, acompañados por un día espléndido de sol e calor, construimos o noso maio e cantamos e bailamos ó redor del.
Pero non o fixemos sós.
Desta vez os nenos e nenas da aula de 2-3 anos da Escola Infantil Municipal Atalaia acompañáronos e colaboraron con moita ilusión na decoración dos maios, o seu e o noso.
Como xa sabedes, lévabamos toda a semana traballando a reo, recolectando flor e fiuncho polo barrio, elaborando guirnaldas de flor, coroas e coiares, etc.
Temos que agradecer a colaboración das familias, que nos axudaron moito achegándonos flores.
Aquí podedes ver as fotos dos preparativos da festa nos días previos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario