15 may 2015

"Imos Sementar" co 3º curso do CEP Santa Tegra na nosa horta

Onte foi un día de traballo intenso. Recibimos a visita dos nosos amigos e amigas, o alumnado do terceiro curso do CEP Santa Tegra de Teis, que viñeron con moitas ganas de aprender e traballar na nosa horta.

Nós, os maiores do centro de día, exercimos de mestres, mentres os nenos e nenas descargaron toda a súa enerxía en poñernos a horta a punto.

Arrincaron malas herbas, que temos que confesar que tiñamos unha morea, cavaron con moito salero a terra, a rastrillaron, botaron abono, axudaron a colocar as mallas antiherba e plantaron leitugas, cebolas, tomates, cabazas, cabaciños, pepinos, xudías e melón, regaron...

A verdade que estes rapaces están feitos uns verdadeiros agricultores, coas nosas indicacións e a súa enerxía, nunha mañá a nosa horta quedou estupenda... cun montón de plantiñas que pronto darán unha excelente colleita.

O noso bo amigo Manuel G. Vicente fixo unhas fermosísimas fotos que queremos compartir con todos vós:





No hay comentarios:

Publicar un comentario