8 jul 2013

Preparando compota de mazá

A pesar da calor destes días, que levamos como podemos, non deixamos de facer cousas.
Desta vez, aproveitamos o fresco da sombra da terraza para pelar e cortar mazás coas que facer unha riquísima compota.

Aquí tedes as fotos:


Ata sempre... Ramiro

Acostumamos a empregar este espacio virtual para contarvos as cousas que facemos, sobre todo aquelas que nos resultan máis divertidas...

Pero hoxe é un día distinto, hoxe os nosos corazóns están tristes porque o noso bo amigo Ramiro deixounos.


Queremos aproveitar este espacio para rendirlle homenaxe.

Non te olvidaremos. Foi un verdadeiro pracer compartir contigo tantos momentos especiais...

Ata sempre, amigo.

3 jul 2013

Aprendendo que é iso do Tai Chi

Onte, os nosos amigos da asociación Alborada achegáronse polo noso centro de día para compartir con nós unha sesión de introducción ao Tai Chi.
Seguimos moi atentos as explicacións de Julio, o encargado de dirixir a sesión, e fixemos os exercicios que nos foi propoñendo.
Gustounos tanto que a próxima semana repetiremos.

 Aquí tedes as fotos da sesión de onte:



Gracias Alborada por esta bonita experiencia!!!!

Fin de curso do Programa Interxeracional

O pasado xoves 27 de xuño mulleres, nenos/as e maiores despedimos xuntos o curso cunha pequena festa, na que compartimos música, baile e gastronomía de diferentes paises do mundo (España, Marrocos, Senegal e Rumanía entre outros).

As mulleres participantes no programa de alfabetización recibiron de parte dos mestres os seus diplomas como recoñecemento ao intenso traballo realizado durante todo o curso, mentres que os nenos e nenas recibiron os seus diplomas de mans dos maiores, que foron os encargados de coidalos e de compartir actividades moi diversas durante os nove meses de curso escolar.

Desta vez a calidade das imaxes non é moi boa, pedimos desculpas por isto.






Nós nos despedimos cun ata pronto, porque en outubro retomaremos este programa que tantas satisfaccións nos aporta. ¡¡¡Feliz verán a todos/as!!!!

18 jun 2013

De crucero... a Cangas

O pasado venres 14 de xuño tivemos unha actividade moi especial, desas que deixan pegada.
Como recompensa a todo o traballo desenvolto polos maiores durante o longo inverno, organizamos unha saída de día completo ao Concello de Cangas con paseo en barco incluido.

E non o fixemos sós. Contamos coa impagable axuda dun grupo de voluntarios da Asociación Alborada, que nos acompañou durante toda a a xornada e fixeron posible que os maiores estivesen acompañados en todo momento e puidesen disfrutar do paseo con total seguridade.
 A xornada deu moito de sí. Empezamos co paseo no transporte de ría que collimos no porto de Vigo, para desembarcar en Cangas. Alí aproveitamos para pasear e curiosear polos postos do mercado e tamén para facer algo de exercicio no parque biosaludable da alameda.

Comimos no centro social de Cangas, nas instalacións que o Concello cedeunos desinteresadamente. Despois da estupenda comida, liamos un pouco de festa, xa sabedes como somos, con música e baile.

Foi unha xornada fantástica, desas que non se olvidan con facilidade. Por iso temos que dicir GRAZAS a tódalas persoas que o fixéstedes posible. Nós xa estamos traballando na seguinte...

E como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí tedes as máis de 200 fotos seleccionadas (aínda temos moitas máis) que o noso bo amigo Manuel G. Vicente fixo de toda a xornada.
Esperamos que as disfrutedes:

Para poñernos ó día...

Levamos un tempiño co blog algo descoidado...
E que as circunstancias ás veces fan que as cousas se compliquen, tedes que desculparnos.
Pero neste tempo nós seguimos traballando a reo.
Para mostra, hoxe publicamos as fotos da actividade que organizamos conxuntamente co alumnado do 4º curso do CEP Santa Tegra de Teis dentro do programa "Imos Sementar".
Compartimos unha mañá na horta do noso centro, plantando leitugas e facendo traballos básicos de limpeza.
Aquí tedes as fotos:


Tamén nestes días celebramos o cumpreanos de Lola. Aquí o tedes:


E dentro do programa Intercultural e Interxeracional rematamos estas fermosas flores tan primaverais:



Do resto das cousas nas que andamos liados xa vos iredes enterando.


Un saúdo e ata a próxima...

16 may 2013

Os maios en Atalaia

Ao final o tempo estropeounos os plans, polo que finalmente tivemos que cancelar a nosa saída ao mercado de Teis para celebrar a festa coa veciñanza.
É unha auténtica lástima, pero contra a meteroloxía non hai nada que facer...

Así que decidimos alterar un pouco os plans e aproveitando que o mércores todavía facía sol, apuramos a confección do noso maio (xa tiñemos todo o traballo moi adiantado), e o sacamos á nosa fermosa terraza para poder cantarlle como di a tradición.

Finalmente quedou nunha festiña moi familiar, entre nós, pero chea de color e alegría.
Como proba, aquí tedes as fotos: