15 may 2015

"Imos Sementar" co 3º curso do CEP Santa Tegra na nosa horta

Onte foi un día de traballo intenso. Recibimos a visita dos nosos amigos e amigas, o alumnado do terceiro curso do CEP Santa Tegra de Teis, que viñeron con moitas ganas de aprender e traballar na nosa horta.

Nós, os maiores do centro de día, exercimos de mestres, mentres os nenos e nenas descargaron toda a súa enerxía en poñernos a horta a punto.

Arrincaron malas herbas, que temos que confesar que tiñamos unha morea, cavaron con moito salero a terra, a rastrillaron, botaron abono, axudaron a colocar as mallas antiherba e plantaron leitugas, cebolas, tomates, cabazas, cabaciños, pepinos, xudías e melón, regaron...

A verdade que estes rapaces están feitos uns verdadeiros agricultores, coas nosas indicacións e a súa enerxía, nunha mañá a nosa horta quedou estupenda... cun montón de plantiñas que pronto darán unha excelente colleita.

O noso bo amigo Manuel G. Vicente fixo unhas fermosísimas fotos que queremos compartir con todos vós:





12 may 2015

Celebramos os maios cos coles do barrio

O venres tivemos unha actividade desas que nos encantan e que ano tras ano repetimos.

Respostando unha vez máis á invitación do EEI Monte da Guía, e acompañados por parte do alumnado do CEP Santa Tegra, un grupo bastante numeroso de usuarios /as achegámonos ás instalacións do centro educativo para traballar conxuntamente nos diferentes obradoiros que había preparados.

Foi un traballo intenso e compartido entre nenos/as, maiores, profes, nais e pais, traballadores do CAPM, etc.

Como todo traballo ben feito sempre ten a súa recompensa, unha vez rematado o noso maio e os diferentes murais conmemorativos, adicamos un rato a merendar, cantar, bailar e escoitar o son das gaitas.

Pasámolo estupendamente, tal e como podedes observar nas fotos que fixemos da xornada:




24 abr 2015

Parabens Carmen e Bene...

Onte voltou ser día de celebración, e nesta ocasión os homenaxeados foron os nosos compañeiros Benedicto e Carmen.

Comezamos cun obradoiro de repostería, no que as nosas cociñeiras Mª Luisa e Victoria elaboraron coa axuda da nosa compañeira María esta deliciosa tarta de crema de turrón que podedes ver nas imaxes:


Despois de tan excelente traballo, os homenaxeados sopraron as velas e todos xuntos degustamos esta maravilla de tarta.

E como non, nos faltou un pequeno agasallo para cada un dos homenaxeados do día. Aquí deixamos algunha das fotos da xornada:

10 abr 2015

Metidos de cheo na cociña...

Onte aproveitamos as últimas cabazas que tiñamos gardadas da colleita da última tempada e metímonos de cheo na cociña a traballar.

Un grupo de usuarios/as moi voluntariosos/as adicaron a mañá a pelar, limpar e cortar as diferentes verduras co obxectivo de elaborar unha das nosas xa famosas crema de verduras.

Nas fotos podedes ver o moito que traballamos e o excelente resultado que obtivemos, do que daremos boa conta á hora da comida. Lástima que non poidades catalo...



Se tedes algún problema para ver as fotos desde aquí (nos dispositivos con sistema operativo android pode que aparezca a mensaxe de que non tedes instalado o complemento necesario), podedes premer neste enlace para velas:



CREMA DE CABAZA 8 DE ABRIL
">

7 abr 2015

Imos á misa de Pascuilla na capela da Guía

Onte, luns de Pascuilla, achegámonos un grupo de usuarios/as e traballadores ata a preciosa capela da Guía para escoitar misa.
Aproveitamos para dar un paseo e desfrutar das fantásticas vistas que o lugar ten sobre a nosa ría.

Aquí podedes ver algunha foto:

Parabens Enrique

O día 31 celebramos o aniversario do noso compañeiro Enrique cunha merenda especial a base de tarta que estaba para chuparse os dedos.
Aquí tedes algunha fotiño da celebración:

30 mar 2015

Misa de Ramos en Atalaia

Comezan os actos da Semana Santa, e os nosos usuarios/as, moi fieis as súas tradicións non quixeron perder a oportunidade de compartir xuntos unha eucaristía especial, na que aproveitamos para bendecir un ramiño de olivo que nos acompañará durante todo o ano.
Agradecemos moito o Padre Ramón que se achegara ó noso centro para oficiar esta misa, que tanto gustou ós nosos usuarios/as.
Aquí tedes algunhas fotos desta actividade: