3 jul 2013

Fin de curso do Programa Interxeracional

O pasado xoves 27 de xuño mulleres, nenos/as e maiores despedimos xuntos o curso cunha pequena festa, na que compartimos música, baile e gastronomía de diferentes paises do mundo (España, Marrocos, Senegal e Rumanía entre outros).

As mulleres participantes no programa de alfabetización recibiron de parte dos mestres os seus diplomas como recoñecemento ao intenso traballo realizado durante todo o curso, mentres que os nenos e nenas recibiron os seus diplomas de mans dos maiores, que foron os encargados de coidalos e de compartir actividades moi diversas durante os nove meses de curso escolar.

Desta vez a calidade das imaxes non é moi boa, pedimos desculpas por isto.






Nós nos despedimos cun ata pronto, porque en outubro retomaremos este programa que tantas satisfaccións nos aporta. ¡¡¡Feliz verán a todos/as!!!!

18 jun 2013

De crucero... a Cangas

O pasado venres 14 de xuño tivemos unha actividade moi especial, desas que deixan pegada.
Como recompensa a todo o traballo desenvolto polos maiores durante o longo inverno, organizamos unha saída de día completo ao Concello de Cangas con paseo en barco incluido.

E non o fixemos sós. Contamos coa impagable axuda dun grupo de voluntarios da Asociación Alborada, que nos acompañou durante toda a a xornada e fixeron posible que os maiores estivesen acompañados en todo momento e puidesen disfrutar do paseo con total seguridade.
 A xornada deu moito de sí. Empezamos co paseo no transporte de ría que collimos no porto de Vigo, para desembarcar en Cangas. Alí aproveitamos para pasear e curiosear polos postos do mercado e tamén para facer algo de exercicio no parque biosaludable da alameda.

Comimos no centro social de Cangas, nas instalacións que o Concello cedeunos desinteresadamente. Despois da estupenda comida, liamos un pouco de festa, xa sabedes como somos, con música e baile.

Foi unha xornada fantástica, desas que non se olvidan con facilidade. Por iso temos que dicir GRAZAS a tódalas persoas que o fixéstedes posible. Nós xa estamos traballando na seguinte...

E como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí tedes as máis de 200 fotos seleccionadas (aínda temos moitas máis) que o noso bo amigo Manuel G. Vicente fixo de toda a xornada.
Esperamos que as disfrutedes:

Para poñernos ó día...

Levamos un tempiño co blog algo descoidado...
E que as circunstancias ás veces fan que as cousas se compliquen, tedes que desculparnos.
Pero neste tempo nós seguimos traballando a reo.
Para mostra, hoxe publicamos as fotos da actividade que organizamos conxuntamente co alumnado do 4º curso do CEP Santa Tegra de Teis dentro do programa "Imos Sementar".
Compartimos unha mañá na horta do noso centro, plantando leitugas e facendo traballos básicos de limpeza.
Aquí tedes as fotos:


Tamén nestes días celebramos o cumpreanos de Lola. Aquí o tedes:


E dentro do programa Intercultural e Interxeracional rematamos estas fermosas flores tan primaverais:



Do resto das cousas nas que andamos liados xa vos iredes enterando.


Un saúdo e ata a próxima...

16 may 2013

Os maios en Atalaia

Ao final o tempo estropeounos os plans, polo que finalmente tivemos que cancelar a nosa saída ao mercado de Teis para celebrar a festa coa veciñanza.
É unha auténtica lástima, pero contra a meteroloxía non hai nada que facer...

Así que decidimos alterar un pouco os plans e aproveitando que o mércores todavía facía sol, apuramos a confección do noso maio (xa tiñemos todo o traballo moi adiantado), e o sacamos á nosa fermosa terraza para poder cantarlle como di a tradición.

Finalmente quedou nunha festiña moi familiar, entre nós, pero chea de color e alegría.
Como proba, aquí tedes as fotos:


14 may 2013

Arrancamos as celebracións dos Maios cos alumnos/as do CEI Monte da Guía

Maio é o mes das flores, e como ven sendo tradición no noso centro, é o mes de celebrar os Maios.
Empezamos coas celebracións o pasado venres día 10, compartindo co alumnado do CEI Monte da Guía unha xornada na que os maiores de Atalaia explicaron aos nenos e nenas as tradicións máis importantes con respecto a esta festa, compartindo danzas e cantigas tradicionais, xogos e confidencias. Tamén se achegaron un grupo de alumnos/as do CEP Santa Tegra.
Resultou unha xornada moi divertida, con moito traballo pero tamén con tempo de troula.

Podedes ver as fotos aquí:


E podedes ver a información da xornada tamén no 
Blog do CEI Monte da Guía

Ademais, esta semana estamos adicados de cheo a preparación do maio do noso centro. Levamos una par de días facendo saídas polo barrio recollendo flores e fiuncho e as familias tamén nós están a facer achegas de flor, o que é de agradecer.
Por outra banda, estamos facendo os coiares e prendidos que nos adornarán o día da festa, que celebraremos, sempre que o tempo o permita, o próximo xoves 16 de maio pola mañá, na praza do mercado de Teis, compartindo a celebración co Plan Comunitario de Teis, a asociación Alborada e os veciños e veciñas que queiran achegarse.

8 may 2013

Horta na terraza...

Xa sabedes que no noso centro levamos máis de dous anos coidando dunha pequena horta que temos nos terreos do edificio que acolle ó Centro de Día e a Escola Infantil Municipal. 
Despois destes meses de choiva, levamos un par de semanas traballando a reo para poñela outra vez a punto. Estivemos limpando, removendo a terra, aboando e xa iniciamos algunhas plantacións. 
Neste momento xa temos unhas fermosas fresas, cebolas, allos, allos porros, xudías, tomates e pementos, que próximamente completaremos con leitugas, berenxenas, calabacíns e remolacha. 
Pronto subiremos fotos ó blog para que o vexades todo. 
Pero ademais destes traballos, este ano, como novidade, decidimos completar a nosa horta cunha segunda horta, ubicada esta nunha das nosas fermosas terrazas, co obxectivo de achegar a posibilidade de participar nos coidados a aqueles usuarios que teñen máis dificultades de desprazamento e accesibilidade á horta. 
Decidimos plantar tomates, pementos, xudías, fresas, e berenxenas nas xardiñeiras, ademais das flores que xa tiñamos.
Nas fotos podedes ver o moito que traballamos para poñela en marcha. Polo momento as prantas están pequenas, pero agardamos que con todos os nosos coidados pronto medren e poidamos recoller os deliciosos froitos do noso traballo.



29 abr 2013

Celebramos o día do libro cos nosos amigos do CEI Monte da Guía

O pasado venres compartimos unha fermosísima xornada no CEI Monte da Guía para celebrar o día do libro.
 Un grupo de usuarios do noso centro achegamonos ás instalacións do cole para asistir a unha sesión de contacontos, na que Ramón Trigo, escritor e ilustrador, presentounos o sue libro "As luces que se encenden e se apagan".
 Iniciamos a xornada cunha ronda de saúdos e presentacións, para despois escoitar, xuntos, a fermosa historia.
Cando Ramón rematou de contar o conto, invituonos a facer con él unha ilustración xigante.
Para elo debuxou na parede ó protagonista do conto frente a un lienzo que nós debíamos encher de cor.
E a elo nos puxemos... Podedes ver nas fotos todo o proceso:


Temos que agradecer a Manuel G. Vicente que nos acompañase e nos fixese estas fermosísimas fotos. ¡¡¡¡Gracias!!!!!